SUBVENCIONS PARA PROGRAMAS DE FORMACION E INSERCION LABORAL
O Ministero de Traballo e Inmigración convoca subvencións para a realización dun programa de carácter curricular que,
incluíndo a orientación, formación, integración e inserción no emprego, xere as competencias que permitan que os mozos
desempregados menores de 25 anos, en situación ou con risco de exclusión social e que teñan necesidades formativas
especiais e dificultades para a súa inserción ou recualificación profesional e se adapten aos novos requirimentos do
sistema produtivo.
As subvencións que se convocan pola Resolución poderán ser solicitadas por asociacións ou fundacións.
O prazo para a presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación da
resolución no «Boletín Oficial do Estado».
Información no BOE do 23 de outubro de 2009.
Máis información: http://www.xuventude.net/web/xuventude/asociacions/financiamento/ordedesubvencions.



Chúzao
del.icio.us