Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

PREMISO EXTRAORDINARIOS DE DUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA

omix @ 13:53

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convoca os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2008-2009 co obxecto de dar recoñecemento público aoesforzo e dedicación do alumnado desta etapa educativa, reforzar aqueles aspectos que inciden na mellora do sistemaeducativo e xuntar excelencia con equidade, igualdade de oportunidades e posibilidades de desenvolvemento persoal.

Poderanse conceder ata un máximo de 20 premios.

O alumnado que resulte premiado recibirá un diploma acreditativo e un ordenador portátil.
Poderán optar aos premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico o alumnado
que reúna as seguintes condicións:
1. Cursar durante o curso 2008-2009 cuarto curso de educación secundaria obrigatoria no réxime ordinario en calquera
dos centros da Comunidade Autónoma de Galicia.
2. Estar proposto polo equipo docente para a expedición do título de graduado en educación secundaria.
3. A media das cualificacións dos alumnos e alumnas solicitantes debe ser igual ou superior a 9 puntos.
4. Esta nota media será a media aritmética das cualificacións en todas as materias dos catro cursos da etapa.

O alumnado que, reunindo os requisitos indicados, desexe optar aos premios extraordinarios, deberá solicitalo antes do 23 de
novembro de 2009.

Máis información no DOG do 22 de outubro de 2009 e en www.edu.xunta.es