Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

CERTAMES LITERARIOS

omix @ 12:24

CERTAME LITERARIO FRANCISCO LORENZO MARIÑO

Poderán participar todas as persoas interesadas, de calquera nacionalidade que presenten os escritos en lingua galega.

Os textos presentados deberán ser inéditos. O tema libre.
Os traballos según as categorías deberán ser:
Categoría A, rapaces entre 6 e 15 anos, de 20 a 60 versos en poesía e de un a tres folios na modalidade de narrativa.
Categoría B, de 16 anos en diante, de 100 a 250 versos en poesía e de 5 a 12 folios en narrativa, coa letra de Times
Roman e un tamaño de 12.

Os premios para as distintas categorias e modalidades será de 180 euros para cada unha. Tamén haberá accésit e
diploma da publicación galardoada.

Os traballos presentaránse en sobre pechado, orixinal e tres copias, figurando no seu exterior Certame Literario
Francisco Lorenzo Mariño-Aguiño, 50 anos de parroquia.

O prazo de presentación dos traballos finalizará o venres 16 de outubro de 2009.

VI CERTAME DE NARRACION CURTA DO CONCELLO DE CURTIS

Convócase o VI Premio de Narración Curta do Concello de Curtis "CURTIS TREME" (con temática de terror).

Os textos presentados deberán estar escritos en lingua galega.
Os orixinais, inéditos e non premiados en ningún outro certame, deberán ter unha extensión comprendida entre os 3000
e 5000 caracteres (espazos incluidos).

MÁIS INFO:http://www.xuventude.net/web/xuventude/expresate