Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

BOLSAS PARA FORMACIÓN DO PERSOAL ESPECIALISTA EN TEMAS DE INVESTIGACIÓN MARIÑA

omix @ 13:19

A Consellería do Mar convoca bolsas para a realización de teses de doutoramento en temas de investigación mariña
correspondentes ao Programa de recursos humanos do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación
Tecnolóxica.

Bolsas:
Alimentación nunha planta de cultivos. Calidade do alimento vivo e alternativas á súa substitución ou suplementación.
Titulación: Ldo. biolóxicas ou ldo. cc. do mar. Lugar: Cima-Centro de Cultivos Mariños-Ribadeo (Lugo)
A eliminación de toxinas ASP dos moluscos bivalvos. Titulación: Ldo. biolóxicas. Lugar: Cima-Centro de Investigacións
Mariñas-Corón (Vilanova de Arousa)
O importe das bolsas incluirá unha asignación
mensual de 1.145 € brutos.

A duración destas bolsas será de vinte e catro (24) meses, contados a partir da data de incorporación.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 13 de outubro de 2009.
Máis información no DOG do 11 de setembro de 2009 e na web http://conselleriamar.xunta.es