Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

EMPREGO PUBLICO

omix @ 11:09

CONCELLO DE PONTEVEDRA

Convoca prazas vacantes no Servizo de Extinción de Incendios:
No BOP de Pontevedra número 167, do luns 31 de agosto de 2009, publicáronse as bases xerais e expecíficas que rexen a convocatoria dos procesos selectivos para cubrir prazas vacantes no Servizo de Extinción de Incendios incluídas na oferta de emprego público de 2008.

O concelleiro responsable da Área de Réxime Interior, Persoal e Actividade Económica, mediante Resolución do 4 de agosto de 2009, convocou os procesos selectivos para a cobertura das prazas do Servizo de Extinción de Incendios que a continuación se sinalan:

-Grupo segundo o artigo 76 da Lei 7/2007: A. Subgrupo A1. Clasificación: escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase servizo extinción incendios. Número de vacantes: 1. Denominación: oficial. Sistema de selección: oposición; quenda: libre.

-Grupo segundo o artigo 76 da Lei 7/2207: C. Subgrupo C2. Clasificación: escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase servizo extinción incendios. Número de vacantes: 2. Denominación: cabo. Unha (1) praza polo sistema de selección: oposición; quenda: libre e unha (1) praza polo sistema de selección: concurso-oposición; quenda: promoción interna.

-Grupo segundo o artigo 76 da Lei 7/2007: C. Subgrupo C2. Clasificación: escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase servizo extinción incendios. Número de vacantes: 12. Denominación: bombeiro-condutor. Sistema de selección: oposición; quenda: libre.

O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE. Os sucesivos anuncios publicaranse no BOP de Pontevedra e no taboleiro de edictos da corporación nos termos establecidos nas bases.

FUNDACION TIC LUGO

Convoca concurso público de méritos para acobertura temporal mediante contrato de interinidade dun posto de persoal docente vacante.

O prazo para a presentación de instancias é de 5 días naturais dende o 11 de setembro.
Os requisitos son:

Especialidade: Formación e Orientación Laboral
Titulación requirida

Licenciado en:
Administración e Dirección de Empresas
Ciencias Actuariais e Financieiras
Ciencias Políticas e da Administración
Dereito
Economía
Psicología
Sociología
Enxeñeiro en:
Organización Industrial
Diplomado en:
Ciencias Empresariais
Relacións Laborais
Traballo Social

Requisitos específicos

Reunir os requisitos esixidos no artigo segundo e terceiro da Orde
do 30 de setembro de 1998 pola que se regulan as titulacións
mínimas e as condicións que deben posuír os profesores para
impartir formación profesional específica e a área de tecnoloxía da
educación secundaria obrigatoria en centros privados e en
determinados centros educativos de titularidade pública da
Comunidade Autónoma de Galicia (DOG de 29 de outubro)
Xornada
Tempo parcial ( media xornada )
Convenio de aplicación
VIII Convenio Colectivo Nacional de Centros de Ensinanza Privada de
Réxime Xeral