Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

CONVOCATORIA BOLSAS LEONARDO DA VINCI

josete @ 09:15

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado,a través do organismo autónomo de Programas Educativos Europeos como entidade cofinanciadora e a Asociación Cultural InGalicia como entiddae coordinadora poñen en marcha 3 proxectos de mobilidade para mozos e mozas de Galicia denominados:

EVERGREEN

Proxecto orientado ao sector do TURISMO. Aborda as necesidades relacionadas coa mobilidade europea, a aprendizaxe e capacitación profesional nas empresas, a aprendizaxe de idiomas nun ámbito empresarial , a adqusición de autonomía persoal e a mellora da capacidade de traballo con persoas de distintos ámbitos culturais.

Os países de recepción son: Alemaña, Italia, Rep.Checa e Portugal.

IWE

Proxecto destinado a abordar as necesidades formativas das persoas participantes mellorando as súas competencais profesionais no sector da INTERNACIONALIZACIÓN DA EMPRESA.

Os países de recepción son: Alemaña, Italia, Rep. Checa e Portugal.

 NEA

Proxecto destinado a mellorar as expectativas de emprego no sector das ENERXÍAS RENOVABLES.

Os países de recepción son: Alemaña, Italia e Portugal.

As estadias son de 12 semanas.

CONTIDOS DA BOLSA:

 Desprazamneto

Aloxamento

Manutención

Curso de lingua

Programa formativo

Prácticas en empresas

Seguemento durante a estadía

Seguro privado

PRAZOS

1.Admisión de solicitudes: ata o 21/08/2009

2. Preselección / probas de idiomas: entre o 27/08/2009 e o 05/09/2009

3. Selección/ xornadas formativas: entre os días 08 e 09/09/2009

4. Estadía formativa: do 20/09/2009 ao 13/12/2009

MÁIS INFO: www.ingalicia.org e www.xuventude.net