Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Vivenda

josete @ 12:03

Consulta todas as axudas sobre vivenda na dirección:http://www.xunta.es/auto/igvs/

ANUNCIO URXENTE

Ofrécese salario máis vivenda independente gratuita, en Cangas de Foz, a persoas ou familias a cambio de axudar no coidado dun ancián.  Aqueles interesados poden poñerse en contacto coas oficinas de servizos sociais do concello de Viveiro chamando os seguintes números: 982550421/982562149/649990737

Promoción e Adquisición de Vivendas de Protección Autonómica. 2005-2008

Convoca: Consellería de Vivenda e Solo

Contido: Axudas á promoción e adquisición de vivendas de protección autonómica: 

  • solicitantes con ingresos familiares que non excedan de 2,5 veces o indicador público da renda de efectos múltiples: 2.500 €. 
  • A xente moza con idade non superior a trinta e cinco anos e a maiores con 65 anos ou máis, adquirentes de vivendas de 40 a 45 metros cadrados de superficie útil, e que achegan a totalidade ou a maior parte dos ingresos: 1.500 €.
  • A unidades familiares cun ou dous fillos: 1.000 €.
  • Familias que acrediten estar en posesión do título de familia numerosa expedido polo departamento correspondente da Xunta de Galicia: con tres ou catro fillos: 2.000 €. Con cinco ou máis fillos: 4.000 €.
  • Unidade familiar formada unicamente polo pai ou a nai e os fillos, ou na unidade familiar que haxa persoas con discapacidade nas condicións establecidas na lexislación sobre o imposto sobre a renda das persoas físicas, ou que a unidade familiar teña ao seu cargo a algunha persoa de máis de sesenta e cinco anos ou cando o solicitante teña esa mesma idade, ou que na unidade familiar haxa vítimas de violencia de xénero ou do terrorismo: 2.000 € para cada unha destas circunstancias.
  • Solicitantes con ingresos familiares que non excedan de 1,5 veces o indicador público de renda de efectos múltiples e se atopen en situacións de emerxencia social: o 25 por 100 do prezo total da vivenda que figura na correspondente escritura de compravenda ou adxudicación ou, no caso de promoción individual para uso propio, da suma dos valores da edificación e do solo que constasen na escritura de obra nova. A contía desta subvención terá un límite absoluto de 17.000 €.
  • Xente moza adquirentes, adxudicatarios e promotores individuais para uso propio de vivendas de protección autonómica de réxime especial, de prezo xeral, de prezo concertado e de vivendas usadas con idade non superior a trinta e cinco anos para gastos de subrogación e de constitución de hipoteca e outros gastos de entrada: 600 €.

Informa: DOG do 13 de febreiro de 2005 

Subvencións para o arrendamento e rehabiliatación de vivendas desocupadas

Convoca: Consellería de Vivenda e Solo.

Contido: Convócanse as subvencións que se poderán outorgar para arrendar e para rehabilitar vivendas desocupadas.

Prazo: A entrega de solicitudes será:

-Do 1 de xaneiro ata o 10 de decembro para arrendamento.

-Do 1 de xaneiro ata o 15 de decembro de 2007 para a rehabilitación.

Informa: DOG do 4 de xaneiro de 2007.

Non hai Comentarios »