Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

QUE É A OMIX

josete @ 16:26 Tags:

 clip_image002.jpg

A OFICINA MUNICIPAL DE INFORMACIÓN XUVENIL

A Oficina Municipal de Información Xuvenil é unha estrutura informativa de carácter municipal, integrada dentro da Rede Galega de Información e Documentación xuvenil, que presta servizos de información e asesoramento ós mozos e mozas do concello de Viveiro no referente a:

· Axudas e subvencións

· Actividades

· Formación

· Oposicións e emprego

· Exames e probas

· Asociacionismo

· Vivenda

· Premios e concurso

Durante o curso escolar esta oficina xestiona o programa de lecer nocturno “Noites Alternativas”, o local de ensaio para os grupos da zona e un programa de bonos desconto para estudantes cuxo destino sexa A Coruña, Ferrol, Santiago ou Lugo. Ademais ao longo de todo o ano os xoves poden apuntarse á bolsa de emprego creada polo Concello.

Non hai Comentarios »