Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

APROBACIÓN DOS PREZOS PÚBLICOS DOS COMEDORES ESCOLARES NOS CENTROS DE ENSINO PÚBLICO NON UNIVERSITARIO

josete — 14-08-2009 GTM 1 @ 09:15

A Consellería de Educación establece os prezos públicos correspondentes aos servizos de comedor nos centros docentes públicos non universitarios de Galicia.

O prezo xeral é de 3 €por usuario e día de servizo.

Teñen dereito a unha bonificación do 50 %, prezo de 1,5€ as persoas que se atopen nalgún dos seguintes supostos:

-Alumnado pertencente a familias numerosas de categoría xeral.

-Alumnado pertencente a familias que acrediten unha renda anual comprendida entre os tramos do IPREM que se especifican a continuación:

Unidade familiar de ata 3 membros: renda anual superior a 3,5 veces e non superior a5 veces o IPREM.

Unidade familiar de 4 membros: renda anual superior a 4 veces o IPREM e non superior a 5,5 veces o Iprem.

Teñen dereito á gratuidade do servizo de comedor:

a. Alumnado escolarizado nos niveis de ensino obrigatorio e 2 ciclo de Ed.Infantil que sexa usuario de transporte escolar, salvo que tivesen servizo de transporte a mediodía.

b. Alumnado en situación socioeconómica moi desfavorable ou pertencente a colectivos sociais con dificultades de integración.

c. Persoal docente ou non docente e nais e pais que realicen funcións de atención no comedor escolar.

CONVOCATORIA DE PRAZA DE ORIENTADOR LABORAL EN PALAS DE REI

josete — 12-08-2009 GTM 1 @ 11:18

O Concello de Palas de Rei convoca praza de Orientador Laboral mediante turno libre.

O sistema de selección será o de concurso-oposición.

A titulación esixida é a de Diplomatura Universitaria.

O temario e demais información relativa ao proceso de selección pode atoparse no BOP DE LUGO nº 180 do venres 7 de agosto de 2009.

Dúas prazas de persoal funcionario no concello de BANDE(OURENSE)

josete — 12-08-2009 GTM 1 @ 11:11

O Concello de Bande convoca 2 prazas de persoal funcionario de vixiantes municipais,encadradas no grupo C2 a cubrir polo sistema de oposición, turno libre.

O prazo de presentación é de 20 días naturais  a partir do día 13 de agosto de 2009.

 BOE do mércores 12 de agosto de 2009

SEAGA SELECCIONA ENXEÑEIROS DE MONTES

josete — 12-08-2009 GTM 1 @ 11:05

As bases están expostas na sede de SEAGA e na paxina web www.epseaga.com

OPOSICIÓN LIBRE PARA TECNICO DE GRAO MEDIO MEDIO AMBIENTE EN NARÓN

josete — 12-08-2009 GTM 1 @ 09:42

As bases da convocatoria foron publicadas no BOP da Coruña nº 145 e 163 dos días 26 de xuño e 22 de xullo de 2009.

O prazo de presentación de instancias é de 20 días naturais a partir do 2 de agosto de 2009.

MÁIS INFO: http://www.xuventude.net/web/xuventude/emprego/empregopublico/local

OPOSICIÓN LIBRE: 3 PRAZAS DE CONSERXE E  1 DE POLICÍA LOCAL. CONCELLO DE NARÓN.

MÁIS INFO: BOP Coruña nas datas 9 e 10 de xuño e 22 de xullo.

O prazo de presentación de instancias será de 20 dáis naturais contados dende o 2 de agosto.

PRAZA DE OFICIAL ESPECIALISTA DE OBRAS NO CONCELLO DE CULLEREDO

josete — 12-08-2009 GTM 1 @ 09:39

As bases específicas desta convocatoria están no BOP do 2 de xuño de 2009. O prazo de prsentación de instancias é de 20 días naturais a partir do 3 de agosto de 2009

MÁIS INFO: http://www.xuventude.net/web/xuventude/emprego/empregopublico/local

13º CONCURSO FOTOGRÁFICO FESTA DA FABA DE LOURENZA

josete — 12-08-2009 GTM 1 @ 09:36

O Concello de Lourenza organiza o concurso fotográfico Festa da Faba de temática libre. Cada concursante pode presentar un máximo de 6 fotos e un mínimo de 4.Estas deberán ser inéditas.

O prazo de presentación remata o 18 de setembro de 2009

MÁIS INFO: TLF 982121006

CONVOCATORIA BOLSAS LEONARDO DA VINCI

josete — 11-08-2009 GTM 1 @ 09:15

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado,a través do organismo autónomo de Programas Educativos Europeos como entidade cofinanciadora e a Asociación Cultural InGalicia como entiddae coordinadora poñen en marcha 3 proxectos de mobilidade para mozos e mozas de Galicia denominados:

EVERGREEN

Proxecto orientado ao sector do TURISMO. Aborda as necesidades relacionadas coa mobilidade europea, a aprendizaxe e capacitación profesional nas empresas, a aprendizaxe de idiomas nun ámbito empresarial , a adqusición de autonomía persoal e a mellora da capacidade de traballo con persoas de distintos ámbitos culturais.

Os países de recepción son: Alemaña, Italia, Rep.Checa e Portugal.

IWE

Proxecto destinado a abordar as necesidades formativas das persoas participantes mellorando as súas competencais profesionais no sector da INTERNACIONALIZACIÓN DA EMPRESA.

Os países de recepción son: Alemaña, Italia, Rep. Checa e Portugal.

 NEA

Proxecto destinado a mellorar as expectativas de emprego no sector das ENERXÍAS RENOVABLES.

Os países de recepción son: Alemaña, Italia e Portugal.

As estadias son de 12 semanas.

CONTIDOS DA BOLSA:

 Desprazamneto

Aloxamento

Manutención

Curso de lingua

Programa formativo

Prácticas en empresas

Seguemento durante a estadía

Seguro privado

PRAZOS

1.Admisión de solicitudes: ata o 21/08/2009

2. Preselección / probas de idiomas: entre o 27/08/2009 e o 05/09/2009

3. Selección/ xornadas formativas: entre os días 08 e 09/09/2009

4. Estadía formativa: do 20/09/2009 ao 13/12/2009

MÁIS INFO: www.ingalicia.org e www.xuventude.net

BOLSAS CAPACITAS EMPRESA DA FUNDACIÓN UNIVERSIA PARA DISCAPACITADOS

josete — 07-08-2009 GTM 1 @ 12:13

O Programa de Bolsas Capacitas Empresa ten por obxecto a integración sociolaboral das persoas con minusvalía. As bolsas van destinadas a estudantes matriculados ou en condicións de matricularse por primeira vez en ensinanzas oficiais de grao ou programas oficiais de postgrao impartidos por universidades españolas no curso académico 2009-2010 e que acrediten unha minusvalía igual ou superior ao 33%.

Máis info: http://www.xuventude.net/web/xuventude/ensino/bolsaseaxudas

BOLSAS PARA PRÁCTICAS PARA TITULADOS SUPERIORES DURANTE 2009-2011 DO MINISTERIO DE ASUNTOS EXTERIORES

josete — 07-08-2009 GTM 1 @ 11:34

A Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento convoca 25 bolsas, mediante concorrencia competitiva, para a realización de prácticas de formación de xestores e expertos en cooperación internacionalpara o desenvolvemento nas diferentes unidades da sede de AECID e nas súas unidades de Cooperación no Exterior.

Información publicada no BOE do 25 de xullo de 2009

Máis info: http://www.xuventude.net/web/xuventude/ensino/bolsaseaxudas