Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

CURSO DE ATENCION A PERSOAS DEPENDENTES

omix — 25-08-2009 GTM 1 @ 11:15

A Federación de Autismo de Galicia convoca o curso de Atención a Persoas Dependentes, dirixido a mulleres desempregadas/inactivas con residencia en Galicia e con título de Garduado Escolar ou equivalente.
O curso impartirase do 2 de setembro ao 28 de outubro en horario de 9.00 a 14.00 horas.
A matrícula é gratuita.

Lugar de realizacón e información: Centro de Recursos da Federación Autismo Galicia: Avda Rodriguez de Viguri nº35.15703. Santiago de Compostela.

MÁIS INFO: http:/www.xuventude.net/web/ensino/cursosmastersposgraos

BOLSAS DA FUNDACIÓN MAPFRE PARA A INVESTIGACIÓN 2009

omix — 25-08-2009 GTM 1 @ 11:10

A Fundación MAPFRE na Convocatoria de Axudas á Investigación 2009 promove o financiamento de proxectos nas áreas de saúde, prevención e medio e seguros.

Están dirixidas a investigadores ou equipos de investigación do ámbito académico e do profesioanl que desexen desenvolver programas de investigación na sáreas mencionadas de forma independente ou no marco de universidades, hospitais, empresasa ou centros de investigación aos que estean adscritos.

Solicitude de información:
www.fundacionmapfre.com/investigacion

Máis info: http://www.xuventude.net/web/xuventude/ensino/bolsaseaxudas

BOLSAS DE FORMACIÓN NO ESTRANXEIRO DA FUNDACIÓN MAPFRE

A Fundación MAPFREoutorga 7 axudas na area de saude, en tema srelacionados con: Traumatoloxía e cirurxía ortopédica.Rehabilitación, valoración do dano coroporal.Dano cerebral e medular e Xestión Sanitaria.

Máis info: www.fundacionmapfre.com/salud

PRAZAS NO CONCELLO DE RIBADEO

omix — 25-08-2009 GTM 1 @ 10:48

O Concello de Ribadeo convoca dúas prazas de peóns de servizos múltiples(Réxime laboral-acceso libre)

O sistema de selección é o de concurso-oposición.
É necesario estar en posesión da titulación de Graduado Escolar, Graduado en ESO,Formación Profesional de 1º Grao ou equivalente.
Así como ter permiso de conducir da clase B.

MÁIS INFO: BOP lUGO Nº 193 do luns 24 de agosto de 2009.

CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA MATRÍCULA NUN MASTER OFICIAL PARA DESEMPREGADOS

omix — 20-08-2009 GTM 1 @ 11:10

O Ministerio de Educación convoca axudas para a matrícula nun Master oficial por parte dos titulados universitarios en situación legal de desemprego.

As axudas destínanse a sufragar os gastos de matrícula do correspondente MASTER.
Requisitos:
- Ter nacionalidade española
- Haber nacido entre o 1 de xaneiro de 1969 e o 31 de decembro de 1983
- EStar en posesión dun título universitario oficial
-Atoparse en situación legal de desemprego
-Ter recoñecido o dereito a percibir prestación ou subsidio de desemprego na data de finalización do mprazo de solicitudes e non haber expirado nesa datao periodo durante o cal teñen dereito á súa percepción.
-Estar matriculado no curso 2009-2010 nun curso completo de master oficial.

PRAZO: ATA O 30 DE OUTUBRO DE 2009 INCLUSIVE.
MÁIS INFO: BOE 201, do 20 de agosto de 2009.
www.educacion.es

OFERTAS DE EMPREGO PRIVADO

josete — 19-08-2009 GTM 1 @ 11:47

ADMINISTRATIVO CONTABLE

Empresa:Río Ouro, necesita Administrativo Contable.

Requisitos: Formación Profesional de Grao medio, Experiencia de alomenos 2 anos, coñecementos altos de contabilidade, experiencia e coñecementos de contabilidade de UTES. Residencia na zona de Barreiros, Foz, Viveiro.

Contrato de duración determinada, xornada completa.

FONTE: www.infojobs.com

INSPECTOR MECÁNICO

Empresa: APPLUS +

Requisitos: Enxeñería Técnica-Industrial, especialiddae en Enxeñería Técnica naval. Experiencia na área mecánica ou en Inspección Reglamentaria.

Poboación: Viveiro, Burela, San Cibrao.

Xornada completa.

Fonte: www.infojobs.com

COCIÑEIRO/A

Empresa: Nortempo

Requisitos: Ciclo formativo de Grao Superior, experiencia de 2 a3 anos no sector, dispoñibilidade para incorporación inmediata

Poboación: Lugo

Fonte: www.galiciaempleo.net

PERSOAL XURÍDICO

Empresa: ALCO

Poboación: Viveiro

Requisitos: Experiencia en asuntos xurídicos de alomenos 1 ano.

Fonte: www.infojobs.com

SEGUNDA CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA ALUMNADO DE F.P.DE GALICIA

josete — 19-08-2009 GTM 1 @ 09:36

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria establece unha 2ª convocatoria de axudas para o alumnado de Frmación Profesional de Centros docentes públicos e centros docentes concertados de Galicia que participen en estadías en empresas de ámbito transnacionaldurante o ano 2009.

As axudas deberán ser solicitadas polos directores/as dos centros para os alumnos e alumnas que non resultasen beneficiados na anterior convocatoria.

Estas estadías deberán estar integradas na Programación Anual do centro.

Máis info: DOGA do 19 de agosto de 2009.

OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO 2009 DEPUTACIÓN DE LUGO E INLUDES

josete — 19-08-2009 GTM 1 @ 09:19

A Deputación de Lugo publica a oferta de emprego público para o ano 2009:

PRAZAS DE ACCESO LIBRE: PERSOAL FUNCIONARIO

GR LEI 7/2007        NºVACANTES           DENOMINACIÓN

A/A1                        1                         LICENCIADO/AXORNALISMO

A/A2                         1                       TÉCNICO/A DE XESTIÓN

A/A2                         1                       DIPLOMADO/A EN TRABALLO SOCIAL

E                               1             PORTEIRO/A(COTA DE DISCAPACITADOS)

SOGASERSO SELECCIONA PERSOAL PARA CENTRO XERIATRICO EN VIMIANZO

josete — 14-08-2009 GTM 1 @ 09:38

As vacantes pertencen ás seguintes ocupacións:
- Médico

-Médico ESpecialista

- Psicólogo/a

-Fisioterapeuta

-Traballador Social

-Due

-Terapeuta Ocupacional

-Auxiliar de Enfermaría

-Gobernante.

MÁIS INFO: www.sogaserso.com

OPOSICIÓN LIBRE PARA A COBERTURA CON CARACTER INTERINO DUNHA PRAZA DE TECNICO DE ADMINISTRACION XERAL NO SERVIZO DE MEDIOAMBIENTE DO CONCELLO DE VIGO

josete — 14-08-2009 GTM 1 @ 09:34

Titulación requerida: Licenciatura en Dereito.

Prazo de presentación de instancias: 10 días hábiles dende a publicación no BOP de Pontevedra.

MÍAS INFO: www.concellodevigo.org/ofertasdeemprego

OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO DO CONCELLO DE BARBADÁS

josete — 14-08-2009 GTM 1 @ 09:25

O Concello de Barbadás (Ourense) publica a oferta de emnprego público correspondente ao ano 2009.

3 prazas de policía local. Funcionarios. Grupo C1. Forma de acceso: libre.