Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

CONVOCATORIA EMPREGO CONCELLO DE BURELA

omix — 17-09-2009 GTM 1 @ 12:59

Concello de Burela selecciona mediante concurso de méritos unha praza de persoal laboral non permanente para a cobertura do posto de capataz de estrutura estable do Grupo Municipal de Intervención Rápida.

O prazo de presentación de instancia sé de 7 dáis naturais dende o 17 de setembro de 2009.

Máis info sobre as bases da convocatoria no Concello de Burela

BOLSAS PARA FORMACIÓN DO PERSOAL ESPECIALISTA EN TEMAS DE INVESTIGACIÓN MARIÑA

omix — 16-09-2009 GTM 1 @ 13:19

A Consellería do Mar convoca bolsas para a realización de teses de doutoramento en temas de investigación mariña
correspondentes ao Programa de recursos humanos do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación
Tecnolóxica.

Bolsas:
Alimentación nunha planta de cultivos. Calidade do alimento vivo e alternativas á súa substitución ou suplementación.
Titulación: Ldo. biolóxicas ou ldo. cc. do mar. Lugar: Cima-Centro de Cultivos Mariños-Ribadeo (Lugo)
A eliminación de toxinas ASP dos moluscos bivalvos. Titulación: Ldo. biolóxicas. Lugar: Cima-Centro de Investigacións
Mariñas-Corón (Vilanova de Arousa)
O importe das bolsas incluirá unha asignación
mensual de 1.145 € brutos.

A duración destas bolsas será de vinte e catro (24) meses, contados a partir da data de incorporación.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 13 de outubro de 2009.
Máis información no DOG do 11 de setembro de 2009 e na web http://conselleriamar.xunta.es

BOLSAS TURISMO ESPAÑA para práctica sprofesionais e de investigación turística na sede de TURESPAÑA

omix — 16-09-2009 GTM 1 @ 13:18

O Ministerio de industria, Turismo e Comercio convoca bolsas destinadas a persoas físicas de nacionalidade española para
realizar prácticas profesionais e de investigación turística na sede de TURESPAÑA, nas Oficinas españolas de Turismo no
estranxeiro ou en empresas do sector turístico en España ou no estranxeiro, co fin de mellorar a cualificación e formación
dos recursos humanos no sector turístico.

O prazo de presentación de solicitudes será de quince días a partir do día seguinte ao da data de publicación no BOE
desta Resolución.
Información no BOE do 7 de setembro de 2009.

AXUDAS PARA ESTUDOS EN NIVEIS NON UNIVERSITARIOS NO EXTERIOR

omix — 16-09-2009 GTM 1 @ 13:16

O Ministerio de Educación convoca 750 axudas ao estudo para alumnos de nacionalidade española ou estranxeira qu ecursen estudos de ensino Secundario obrigatorio, Bacharelato, Formación Profesional de grao medio ou equivalentes titularidade mixta, Centros de Convenio, Seccións Bilingües e Seccións españolas en Centros estranxeiros.

A concesión da axuda realizarase mediante un réxime de concorrencia competitiva.
A contía das axudas será de 560 euros, segundo se especifica en cada caso no Anexo I dta convocatoria. As axudas
aboaranse a través das Consellarías de Educación ou da Caixa Pagadora correspondente.
A distribución por programas será a seguinte:
198 axudas para alumnos/ás de Centros de titularidade do Estado español.
42 axudas para alumnos/ás de Centros de titularidade mixta.
176 axudas para alumnos/ás de Centros de convenio.
246 axudas para alumnos/ás de Seccións bilingües.
88 axudas para alumnos/ás de Seccións españolas en Centros estranxeiros.

O prazo de presentación de solicitudes e ata o 25 de setembro de 2009.
Información no BOE do 8 de setembro de 2009.
Máis información: http://www.xuventude.net/web/xuventude/ensino/bolsaseaxudas

EMPREGO PUBLICO

omix — 16-09-2009 GTM 1 @ 13:10

DEPUTACIÓN DE OURENSE

Convoca como persoal laboral temporal as seguintes prazas:
-Auxiliar de xestión tributaria para a oficina de Viana do Bolo
-Técnico en mantemento de proxectos informáticos
-Monitor de tenis
- Monitor de baloncesto
-Chofer operario de lixo
-Auxiliar administrativo de Administración Xeral
- Monitor especialista en baloncesto

O prazo de presentación de solicitudes remata o 16 des temebro.
Máis info BOP OURENSE 9 de setembro.

CONCELLO DE NOIA
Conoca mediante concurso-oposición posto de traballo de Técnico de Xestión de Secretaría para sustituir temporalmente ao titular do posto.

O prazo remata o 21 de setembro
Máis info no BOP DA CORUÑA do 10 de stembro de 2009

CONCELLO DE LUGO

Abre o prazo de presentación de instancias de 20 días naturais dende o 16 de setembro de 2009 para a cobertura de 15 prazas de Auxiliar de Administración Xeral mediante o sistema de oposición libre.

Mías info: BOP LUGO do 26 de agosto de 2009

XXII EDICIÓN DO PREMIO NACIONAL DE POESIA XOSEMARIA PÉREZ PARALLÉ

omix — 16-09-2009 GTM 1 @ 13:00

O Círculo Mercantil e Industrial - Unidade de Fene mantén aberto o prazo ata o 30 de setembro para a recepción de orixinais para participar no premio.

As bases do premio atópanse publicads na web do certame: http://premioperezparalle.bloggaliza.org

CONCURSO DE DESEÑO DE CARTEIS

omix — 16-09-2009 GTM 1 @ 12:49

A Deputación Provincial da Coruña convoca a 2ª edición do concurso de deseño de carteis e eslogans contra a violencia de xenero

O tema do cartel ten que gardar relación co motivo da conmemoración este ano do Día internacional da muller que é "Mulleres e homes unidos para poñer fin á violencia contra as
mulleres e nenas"

O prazo de admisión de orixinais finalizará o 30 de setembro de 2009.

Máis info: BOP CORUÑA DO 4 DE SETEMBRO DE 2009

CURSO DE PERFECCIONAMENTO EN XESTIÓN SOCIOEDUCATIVA DA INMIGRACIÓN NO EIDO LOCAL

omix — 11-09-2009 GTM 1 @ 09:10

O curso ten unha duración de 60 horas e é organizado pola Fac. de CC da Educación da Universidade de Santiago de Compostela.
A taxa de matrícula é de 150€

Datas de preinscrición: Dende o 01/07/2009 ata 20/09/2009
Datas de matrícula: Dende o 28/09/2009 ata o 06/10/2009

MÁIS INFO.www.usc.es/esculca

CONVOCATORIAS EMPREGO PÚBLICO

omix — 11-09-2009 GTM 1 @ 09:06

CONCELLO RÁBADE

Selecciona un empregado para a impartición de clases de alfabetización de adultos, dentro da programación de actividades da Unidade de Prevención das drogodependencias dos Concellos de Rábade, Begonte e Outeiro de Rei.

O prazo de prseentación de instancias é de 5 días naturais dende o 11 de setembro.

MÁIS INFO: BOP do 10 de setembro de 2009

CONCELLO DE GUITIRIZ

Publica listado de admitidos nos procesos selectivos de:
- Arquitecto Técnico
-Administrativo/A
- Conserxe
MÁIS INFO: BOP do 11 de setembro de 2009

EMPREGO PUBLICO

omix — 10-09-2009 GTM 1 @ 11:09

CONCELLO DE PONTEVEDRA

Convoca prazas vacantes no Servizo de Extinción de Incendios:
No BOP de Pontevedra número 167, do luns 31 de agosto de 2009, publicáronse as bases xerais e expecíficas que rexen a convocatoria dos procesos selectivos para cubrir prazas vacantes no Servizo de Extinción de Incendios incluídas na oferta de emprego público de 2008.

O concelleiro responsable da Área de Réxime Interior, Persoal e Actividade Económica, mediante Resolución do 4 de agosto de 2009, convocou os procesos selectivos para a cobertura das prazas do Servizo de Extinción de Incendios que a continuación se sinalan:

-Grupo segundo o artigo 76 da Lei 7/2007: A. Subgrupo A1. Clasificación: escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase servizo extinción incendios. Número de vacantes: 1. Denominación: oficial. Sistema de selección: oposición; quenda: libre.

-Grupo segundo o artigo 76 da Lei 7/2207: C. Subgrupo C2. Clasificación: escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase servizo extinción incendios. Número de vacantes: 2. Denominación: cabo. Unha (1) praza polo sistema de selección: oposición; quenda: libre e unha (1) praza polo sistema de selección: concurso-oposición; quenda: promoción interna.

-Grupo segundo o artigo 76 da Lei 7/2007: C. Subgrupo C2. Clasificación: escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase servizo extinción incendios. Número de vacantes: 12. Denominación: bombeiro-condutor. Sistema de selección: oposición; quenda: libre.

O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE. Os sucesivos anuncios publicaranse no BOP de Pontevedra e no taboleiro de edictos da corporación nos termos establecidos nas bases.

FUNDACION TIC LUGO

Convoca concurso público de méritos para acobertura temporal mediante contrato de interinidade dun posto de persoal docente vacante.

O prazo para a presentación de instancias é de 5 días naturais dende o 11 de setembro.
Os requisitos son:

Especialidade: Formación e Orientación Laboral
Titulación requirida

Licenciado en:
Administración e Dirección de Empresas
Ciencias Actuariais e Financieiras
Ciencias Políticas e da Administración
Dereito
Economía
Psicología
Sociología
Enxeñeiro en:
Organización Industrial
Diplomado en:
Ciencias Empresariais
Relacións Laborais
Traballo Social

Requisitos específicos

Reunir os requisitos esixidos no artigo segundo e terceiro da Orde
do 30 de setembro de 1998 pola que se regulan as titulacións
mínimas e as condicións que deben posuír os profesores para
impartir formación profesional específica e a área de tecnoloxía da
educación secundaria obrigatoria en centros privados e en
determinados centros educativos de titularidade pública da
Comunidade Autónoma de Galicia (DOG de 29 de outubro)
Xornada
Tempo parcial ( media xornada )
Convenio de aplicación
VIII Convenio Colectivo Nacional de Centros de Ensinanza Privada de
Réxime Xeral