Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

REDE GALEGA DE INFORMACIÓN XUVENIL

omix — 23-09-2009 GTM 1 @ 12:05

ENCONTRO AUTONOMICO DE INFORMACION XUVENIL

"A CREATIVIDADE COMO FERRAMENTA DE TRABALLO COA XUVENTUDE"
SANTIAGO DE COMPOSTELA 23 DE OUTUBRO DE 2009
ORGANIZA:
DIRECCIÓN XERAL DE XUVENTUDE E VOLUNTARIADO

DESTINATARIOS:
PERSOAS QUE TRABALLEN NO ÁMBITO DA INFORMACIÓN XUVENIL.

OBXECTIVOS:
Servir de lugar de encontro para participar, analizar, reflexionar e intercambiar ideas e experiencias sobre a creatividade
como ferramenta de traballo coa xuventude, para prestar un mellor servizo á sociedade en xeral e á mocidade en particular.
METODOLOXÍA:
A metodoloxía do encontro busca faciliar a participación activa e o intercambio de experiencias e ideas dos informadores
xuvenis a través do traballo en grupos.

PRAZO DE INSCRICIÓN:
ata o 30 de setembro de 2009

LUGAR E DATAS:
Santiago de compostela, o venres día 23 de outubro de 2009, no
hotel Congreso.

CURSO DE FORMACION ACCION 5.1 E DIALOGO ESTRUCTURADO

omix — 23-09-2009 GTM 1 @ 12:02

A Axencia Nacional Portuguesa do Programa Mocidade en Acción organiza un curso de Formación sobre a Acción 5.1 e o
Diálogo
Estruturado.
A actividade formativa terá lugar en Braga (Portugal) do 5 ao 10 de outubro de 2009.

Máis información: http://www.xuventude.net/web/xuventude/europaaoteualcance/xuventudeenaccion

CURSO DE MONITORES DE ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE

omix — 23-09-2009 GTM 1 @ 12:00

A Escola Diocesana de Educadores no Tempo Libre de Mondoñedo-Ferrol impartirá do 25 de setembro ó 29 de novembro de
2009 un curso de monitores de actividades de tempo libre.
Lugar onde se vai impartir: aula da EDETL.
Enderezo: Magdalena 153, 2º dereita.
Teléfono: 981 353 150.

Máis información: http://www.xuventude.net/web/xuventude/escolasdetempolibre/asescolas

XV CURSO OBRADOIRO DE FORMACIÓN DO VOLUNTARIADO INTERNACIONAL

omix — 23-09-2009 GTM 1 @ 11:58

Intered Galicia convoca o XV Curso Obradoiro de formación do Voluntariado Internacional.
OBXECTIVOS DO CURSO:
1. Favorecer a reflexión crítica sobre as estructuras que xeran desigualdade.
2. Propoñer alternativas solidarias cós pobos do sur e sectores excluídos do norte.
3. Motivar para o compromiso e a participación voluntaria.
4. Valorar a diversidade, a través do encontro e do diálogo, como unha das claves para a interdependencia solidaria.
QUEN PODE PARTICIPAR?
- Estudantes maiores de 20 años.
- Profesionais preferentemente do ámbito da educación formal e non formal así como do ámbito da comunicación.
- Quen desexe comprometerse en accións voluntarias.
INSCRICIÓNS:
InteRed
Praza do Matadoiro, 7 _ Baixo
15703 Santiago de Compostela
Teléfono: 981 58 79 66
E-mail: galicia@intered.org
PRAZO DE MATRÍCULA:
Matricula aberta ata o 17 de outubro de 2009
PREZO:
Estudantes o persoas desempregadas: 90 €
Profesionais: 120 €

máis info: http://xuventude.net/web/xuventude/ensino/cursosmasters.posgraos

CONVOCATORIAS DE EMPREGO PUBLICO

omix — 23-09-2009 GTM 1 @ 11:35

CONCELLO DE LUGO

Convoca 15 prazas de Auxiliar administrativo polo sistema de oposición.

O prazo de presentación é de 20 días naturais dende a publicaión no Boe.(15 de setembro de 2009)

CONCELLO DE POIO

Convoca unha praza de conserxe polo sistema de oposición. O prazo de presentación de solicitudes é de 20 día snaturais dende a publicaión no Boe(21 setembro de 2009)

CONCELLO DE DODRO

O Concello de Dodro publica as bases para a contratación temporal como persoal laboral dun técnico/a de normalizaciónlingüística, mediante a modalidade de obra ou servizo determinado e utilizando o concurso como sistema de selección.

Requisitos: título de licenciado ou equivalente en Filoloxía Galega, Filoloxía galego _ portuguesa ou en Filoloxía
Hispánica, subsección de galego _ portugués, ou ser titulado en calquera outra licenciatura, debendo, neste último caso,
estar en posesión do Celga 5.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 28 de setembro de 2008.

Máis información no BOP da Coruña do 21 de setembro de 2009 e en www.concellodedodro.org

CONCELLO DE ORDES

Anuncia oferta de emprego público correspondente ao 2009

2 prazas de policia local escla básica.

CONCELLO DE A POBRA DO CARAMIÑAL

Abre prazo de presentación de instancias para participar no concurso-oposición medinate o cal se seleccionará un traballador social.

Son 20 días naturais dende o seguinte á publicación no BOE(23 de setembro de 2009)

CONCELLO DE BALEIRA

Publicadas as bases para a cobertura de prazas de funcionarios vacantes no Bop LUGO do 4 de setembro de 2009, ábrese prazo de prsentación de instancias, que será de 20 dáis naturais dende o 23 de setmbro de 2009.

CONCELLO DE CASTROVERDE

Publica a oferta de emprego publico

A.- PERSOAL FUNCIONARIO DE CARREIRA. QUENDA LIBRE (PROCESO DE CONSOLIDACIÓN DE
EMPREGO TEMPORAL). FORMA DE SELECCIÓN: CONCURSO OPOSICIÓN.

CLASIFICACIÓN/DENOMINACIÓN

Escala de Administración Xeral
Subescala subalterna 1
Escala de Administración Especial

Subescala técnica.
Técnicos/as medios: Traballador/a social. 1

B.- PERSOAL LABORAL FIXO. QUENDA LIBRE (PROCESO DE CONSOLIDACIÓN DE EMPREGO TEMPORAL).

FORMA DE SELECCIÓN: CONCURSO OPOSICIÓN.
DENOMINACIÓN PRAZA VACANTES
Operario/a-limpador/a 2

CONCELLO DE BURELA

Anuncia contratAción como persoal laboral non permanente dunha psicóloga para o Centro de Información á muller do Concello de Burela.

O prazo de presentación de instancias é de 10 día snaturais dende o 23 de setembro de 2009.

PROGRAMA SSUPRACOMUNITARIOS SOBRE DROGODEPENDENCIAS

omix — 23-09-2009 GTM 1 @ 10:42

O Ministerio de Sanidade publica unha convocatoria de axudas económicas, en réxime de concorrencia competitiva, a
entidades privadas sen fins de lucro, de ámbito estatal, para o desenvolvemento de programas de acción social no campo
das drogodependencias que afecten ao ámbito territorial de dous ou máis comunidades autónomas.

O prazo da presentación de solicitudes estará aberto ata o 22 de outubro de 2009.
Máis información no BOE do 21 de outubro de 2009

AXUDAS PARA PREVENCIÓN DO ALCOHOLISMO

omix — 23-09-2009 GTM 1 @ 10:41

A Consellería de Sanidade convoca axudas en réxime de concorrencia competitiva ás entidades privadas sen ánimo de
lucro para a realización de programas de prevención do alcoholismo.
Para ser beneficiario das axudas será indispensable ser unha asociación ou calquera outra entidade privada sen ánimo
de lucro que estea dedicada principalmente ao alcoholismo e así se recolla expresamente como un dos seus fins
estatutarios.
Así mesmo, deberá desenvolver a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia.

O prazo para presentar solicitudes remata o 19 de outubro de 2009.
Máis info: DOGA do 17 de setembro de 2009

CONCURSOS CONCELLO DA PEROXA

omix — 23-09-2009 GTM 1 @ 10:28

O Concello da Peroxa convoca o II Concurso de relatos curtos no que se poderá presentar calquera persoas de calqueranacionalidade.

O temá é libre e o estilo narrativa, tipo relato curto cunha extensión máxima de 1500 palabras. Os traballos presentados
deberá ser inéditos e en lingua galega.

Presentaranse en A4, a dobre espazo e se entregarán dúas copia. En sobre aparte co mesmo título incluiranse os datosdo autor, correo electrónico e teléfono de contacto.
O prazo estará aberto ata o 30 de setembro de 2009.

Premios:
1º premio: diploma + 100 €
2º premio: diploma + 60 €
3º premio: diploma + 40 €

O Concello da Peroxa convoca o I Concurso Fotográfico de Concello da Peroxa.

1.- Poderán presentarse persoas de calquer nacionalidade que teñan a súa residencia en España.
2.- Tema: libre.
3.-Presentación: sin enmarcar, nin pegada a soporte, calquer técnica fotográfica. Tamaño 20cmx30cm.
Non se admiten copias de impresora.
4.- O dorso escribirase o título. En sobre aparte co mismo título incluiranse os datos do autor, correo electrónico eteléfono de contacto.
5.- Prazo: Aberto ata o 30 de setembro de 2009.
6.- O número de obras presentadas será de tres por autor, poderán ser entregadas ou remitidas a: Praza do concello nº
83, 32150, A Peroxa (Ourense).
7.- Exposición: Tódalas obras serán expostas na biblioteca do concello do 15 ao 30 de outubro.

Máis información na OMix do Concello da Peroxa, teléfono 988 206 614
Máis información: http://www.xuventude.net/web/xuventude/expresate

CONCURSO FOTOGRAFICO GALICIA INNOVADORA E CREATIVA

omix — 23-09-2009 GTM 1 @ 10:26

A Fundación Galicia Europa, coa colaboración da Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura e da Dirección Xeral
de Xuventude, convoca o concurso fotográfico "Galicia Innovadora e Creativa". O mesmo está dirixido a mozos e mozas que
queiran expresar a través da fotografía a súa particular visión da Galicia máis vangardista e innovadora.

A temática do certame está en consonancia coa celebración no 2009 do Ano Europeo da Creatividade e a Innovación.

Poderán presentar os seus traballos todos aqueles mozos de idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos; nados en
Galicia, fillos de galegos ou residentes en Galicia desde o 2006 (ter nacionalidade dun dos Estados membros da Unión
Europea). As obras presentaranse en papel ou formato dixital na sede da Fundación Galicia Europa en Santiago.

O prazo de inscrición remata o 20 de outubro.

FONTE: www.xuventude.net

CONVOCATORIAS EMPREGO PUBLICO

omix — 18-09-2009 GTM 1 @ 12:30

CONCELLO DE MUGARDOS

Publicadas no BOP da CORUÑA do 28/08/2009 as bases para a cobertura da praza de Policía Local ábrese o prazo de presentación de instancias, que será de 20 días naturais dende o 19 de setembro, para formar parte do proceso de selección.