Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

VII CERTAME DE MICRORRELATOS LONXA LITERARIA

omix — 14-10-2009 GTM 1 @ 15:27

O Centro Cultural Daniel Castelao convoca o VII Certame de microrrelatos Lonxa Literaria.

Os microrrelatos deberán estar escritos en galego normativo e cunha extensión máxima de 15 liñas a dobre espazo e
cunha letra tipo "Times New Roman, nº 12". No texto deberá conter necesariamente a palabra ESCUMALLO.

Teléfono: 986 314 250
Máis información: http://www.xuventude.net/web/xuventude/expresate

CONCURSO DE PREMIOS DO INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

omix — 14-10-2009 GTM 1 @ 15:26

O Instituto Galego de Consumo e a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convocan un concurso de premios
para a elaboración de carteis, fotografías, soportes audiovisuais e ilustracións que teñan como tema os dereitos das
persoas consumidoras, dirixido ao alumnado de escolas de arte, ciclos superiores de deseño e produción editorial, ciclos
superiores de comunicación, imaxe e son e bacharelatos artísticos.

Modalidade A: carteis.
2. Modalidade B: fotografías.
3. Modalidade C: vídeos.
4. Modalidade D: cuñas de radio.
5. Modalidade E: ilustracións.

O prazo de presentación dos traballos remata o día 10 de novembro de 2009.

Máis información: http://www.xuventude.net/web/xuventude/expresate

XIII PREMIO DE POESIA JOHAN CARBALLEIRA

omix — 14-10-2009 GTM 1 @ 15:24

O Concello de Bueu (Pontevedra) convoca o XIII Premio de Poesía Johan Carballeira.

Poderán concorrer a el autoras e autores que presentaren os seus orixinais escritos en lingua galega. Os textos, cuxa
extensión deberá superar os 400 versos, terán que ser inéditos e non estar premiados en anteriores convocatorias do
premio nin en ningún outro concurso de poesía.
Dotación: O premio terá unha dotación única e indivisible de 1.500 € e publicación da obra gañadora por parte do
Concello de Bueu
O prazo de presentación das obras será ata o 16 de novembro de 2009.
MÁIS INFO:tel. 986 32 43 38

EMPREGO PÚBLICO

omix — 09-10-2009 GTM 1 @ 09:04

CONCELLO DE TEO

Modifica a oferta de emprego público publicada no BOP da Coruña do 10 de novembro de 2008.
Persoal funcionario.
Acceso libre C1. 4 VACANTES DE GARDA POLICIA LOCAL

Concurso. C1. 2 VACANTES GARDA POLICÍA LOCAL

AMPLIACIÓN DO PRAZO DE SOLICITUDE DE BOLSAS DO MEC

omix — 09-10-2009 GTM 1 @ 08:59

O Ministerio de Educación amplía o prazo de presentación de solicitudes de bolsas de caracter xeral e de mobilidade para o curso académico 2009-2010 par alumnos de ensinanzas universitarias e de estudos postobrigatorios e superiores non universitarios.

O prazo amplíase ata o 10 de outubro

BOLSAS EN MATERIA DE MEDIO AMBIENTE

omix — 29-09-2009 GTM 1 @ 13:26

O Ministerio de Medio convoca as seguintes bolsas:

a) Tres bolsas na área de medio e biodiversidade mariña. Titulados superiores, en Bioloxía, Ciencias Ambientais e Ciencias
do Mar.
b) Dúas bolsas na área de economía pesqueira. Diplomados universitarios ou titulados superiores, preferentemente en
Dereito, Economía, Administración e Dirección de Empresas, ou en Xestión e Administración Pública e en Ciencias
Empresariais

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 15 de outubro de 2009.
Máis información no BOE do 25 de setembro de 2009
Máis información: http://www.xuventude.net/web/xuventude/ensino/bolsaseaxudas

Convocatoria 3 bolsas Servizo Medio Natural. Deputación de Pontevedra

Poderán ser solicitadas por :
-Dúas Bolsas para Titulados Universitarios:
Enxeñeiros/as Agrónomos, Enxeñeiros/as
Técnicos Agrícolas.
-Unha Bolsa para FP-II: Técnico Superior en
Industrias Alimentarias, Especialidade Enoloxía.

As instancias solicitando tomar parte no
concurso dirixiranse ao Sr. Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra e presentaranse no rexistro xeral da
Corporación Provincial no prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria
no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.

Máis información: Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOP), núm. 183, do martes 22 de setembro de 2009.
www.depontevedra.es
Máis información: http://www.xuventude.net/web/xuventude/ensino/bolsaseaxudas
Páxina 12

EMPREGO PUBLICO

omix — 29-09-2009 GTM 1 @ 13:24

A POBRA DE BROLLON

O Concello de A Pobra do Brollón (Lugo), convoca 1 praza de laboral fixo (traballador social), polo sistema de concursooposición.
O prazo de presentación de solicitudes é de 20 días naturais, contados a partir da publicación no BOE.
Mais información BOE do 23 de setembro de 2009
Máis información: http://www.xuventude.net/web/xuventude/emprego/empregopublico/local

PRAZAS DE ENFERMARIA
Convocadas 611 prazas de formación en enfermería.

O Ministerio de saúde e política social, convoca 611 prazas de matrona, enfermería de saúde mental e de enfermería de
traballo.
As prazas son 445 de matrona, 154 de enfermería de saúde mental e 12 de enfermería de traballo.
Convocadas polo sistema de concurso-opoción.
O prazo de presentación de solicitudes é ata o 5 de outubro de 2009.
Mais información BOE do 22 de setembro de 2009

Máis información: http://www.xuventude.net/web/xuventude/emprego/empregopublico/estado

Policía Local en Pontevedra

O Concello de Pontevedra convoca 5 prazas de Policía Local polo sistema de oposición libre.
As bases están publicadas no BOP de Pontevedra do 1 de setembro de 2009.

O prazo para presentar solicitudes estará abaerto ata o 19 de outubro de 2009.

Máis información no BOE do 28 de setembro de 2009.
Máis información: http://www.xuventude.net/web/xuventude/emprego/empregopublico/local

CERTAMES LITERARIOS

omix — 29-09-2009 GTM 1 @ 12:24

CERTAME LITERARIO FRANCISCO LORENZO MARIÑO

Poderán participar todas as persoas interesadas, de calquera nacionalidade que presenten os escritos en lingua galega.

Os textos presentados deberán ser inéditos. O tema libre.
Os traballos según as categorías deberán ser:
Categoría A, rapaces entre 6 e 15 anos, de 20 a 60 versos en poesía e de un a tres folios na modalidade de narrativa.
Categoría B, de 16 anos en diante, de 100 a 250 versos en poesía e de 5 a 12 folios en narrativa, coa letra de Times
Roman e un tamaño de 12.

Os premios para as distintas categorias e modalidades será de 180 euros para cada unha. Tamén haberá accésit e
diploma da publicación galardoada.

Os traballos presentaránse en sobre pechado, orixinal e tres copias, figurando no seu exterior Certame Literario
Francisco Lorenzo Mariño-Aguiño, 50 anos de parroquia.

O prazo de presentación dos traballos finalizará o venres 16 de outubro de 2009.

VI CERTAME DE NARRACION CURTA DO CONCELLO DE CURTIS

Convócase o VI Premio de Narración Curta do Concello de Curtis "CURTIS TREME" (con temática de terror).

Os textos presentados deberán estar escritos en lingua galega.
Os orixinais, inéditos e non premiados en ningún outro certame, deberán ter unha extensión comprendida entre os 3000
e 5000 caracteres (espazos incluidos).

MÁIS INFO:http://www.xuventude.net/web/xuventude/expresate

NOITES ALTERNATIVAS

omix — 23-09-2009 GTM 1 @ 12:25

Estamos traballando na nova programación 2009.
En breve informaremos das novidades.

PROGRAMA RECLOTHES- REBOOT YOUR CLOTHES

omix — 23-09-2009 GTM 1 @ 12:23

O Consello da Xuventude de Galicia (CXG), como socio español da iniciativa xuvenil "RECLOTHES – reboot your clothes", vai abrir o prazo de presentación de traballos para o noso país neste concurso internacional de deseño e elaboración de roupa con materiais reciclados.

Neste concurso participan Portugal, Hungría e España. A fase nacional xa rematou en Portugal e Hungría e ábrese agora para España.

O prazo de inscrición de participantes remata o 26 de setembro. O envío de traballos será dende o 1 ata o 26 de setembro, ben presentándoos na sede do Consello da Xuventude de Galicia, ou ben enviándoos por correo ao seguinte enderezo:

Consello da Xuventude de Galicia
Proxecto "RECLOTHES – Reboot your clothes"
Edificio Área Central – Polígono de Fontiñas
1º andar – Local L32 I-J-K
15703 Santiago de Compostela
A Coruña
Fonte. Consello da Xuventude de Galicia
Máis info:http://www.reciclario.com/