RENDA BÁSICA DE EMANCIPACIÓN
RENDA BÁSICA DE EMANCIPACIÓN
A renda básica de emancipación está dirixida a mozos e mozas de entre 22 e 30 anos, titulares dun contrato de arrendamento da vivenda na que residen e que conten cunha fonte regular de ingresos inferiores aos 22.000 euros brutos anuais. Pode incluír un préstamo de ata 600 euros para a fianza e 120 euros para costear un aval.
O Instituto Galego de Vivenda e Solo é a encargada de tramitar as solicitudes. Os demandantes deberán dirixirse a calquera das oficinas que o Instituto Galego de Vivenda e Solo ten nas sete grandes cidades do país, onde recibirá a información sobre todos os requisitos que debe cumprir o demandante e a documentación necesaria. Enderezos
A Coruña: Rúa Rianxo, 23 baixo
Ferrol: Rúa Magdalena, 48, baixo
Lugo: Praza da Universidade, 8 baixo
Ourense: Rúa Valente do Casar, 2, baixo
Pontevedra: Rúa Alcalde Hevia, 7, baixo
Vigo: Gran Vía, 160, baixo
Santiago de Compostela: Área central s/n primeiro andar, local 32 A
MÁIS INFO:igvs:xunta.es



Chúzao
del.icio.us