Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Categoría: taboleiro de anuncios

FERIRA DO MOBLE DA ESTRADA

omix 28/08/2009 @ 12:43

Dende o 12 ao 20 de setembro en horario ininterrumpido de 11.00 a 21.00 celebrarase a XXIII edición desta feira.

Paralelamente levaranse a cabo unhas xornadas técnicas cuio calendario é o seguinte:
LUNS 14 DE SETEMBRO
11.00 a 14.00 "Seminario para a difusión da creación de empresas"

MARTES 15 DE SETEMBRO
12.00 a 13.00 horas. "Liñas de axuda a servizos do IGAPE para o tecido empresarial galego"

MÉRCORES 16 DE SETEMBRO
10.45-11.45. "O cooperativismo como alternativa de autoamprego"

XOVES 17 DE SETEMBRO
11.05-12.00 horas. "Riscos Laborais na industria da madeira"
12.30-13.30 horas.Os Riscos químicos na industria madeira

APROBACIÓN DOS PREZOS PÚBLICOS DOS COMEDORES ESCOLARES NOS CENTROS DE ENSINO PÚBLICO NON UNIVERSITARIO

josete 14/08/2009 @ 09:15

A Consellería de Educación establece os prezos públicos correspondentes aos servizos de comedor nos centros docentes públicos non universitarios de Galicia.

O prezo xeral é de 3 €por usuario e día de servizo.

Teñen dereito a unha bonificación do 50 %, prezo de 1,5€ as persoas que se atopen nalgún dos seguintes supostos:

-Alumnado pertencente a familias numerosas de categoría xeral.

-Alumnado pertencente a familias que acrediten unha renda anual comprendida entre os tramos do IPREM que se especifican a continuación:

Unidade familiar de ata 3 membros: renda anual superior a 3,5 veces e non superior a5 veces o IPREM.

Unidade familiar de 4 membros: renda anual superior a 4 veces o IPREM e non superior a 5,5 veces o Iprem.

Teñen dereito á gratuidade do servizo de comedor:

a. Alumnado escolarizado nos niveis de ensino obrigatorio e 2 ciclo de Ed.Infantil que sexa usuario de transporte escolar, salvo que tivesen servizo de transporte a mediodía.

b. Alumnado en situación socioeconómica moi desfavorable ou pertencente a colectivos sociais con dificultades de integración.

c. Persoal docente ou non docente e nais e pais que realicen funcións de atención no comedor escolar.

13º CONCURSO FOTOGRÁFICO FESTA DA FABA DE LOURENZA

josete 12/08/2009 @ 09:36

O Concello de Lourenza organiza o concurso fotográfico Festa da Faba de temática libre. Cada concursante pode presentar un máximo de 6 fotos e un mínimo de 4.Estas deberán ser inéditas.

O prazo de presentación remata o 18 de setembro de 2009

MÁIS INFO: TLF 982121006