Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Categoría: PROGRAMA NOITES ALTERNATIVAS

NOITES ALTERNATIVAS

omix 23/09/2009 @ 12:25

Estamos traballando na nova programación 2009.
En breve informaremos das novidades.

PROGRAMA NOITES ALTERNATIVAS

josete 25/05/2007 @ 10:24

Noites Alternativas, a outra movida de Viveiro 

Dende marzo do 2006 vense poñendo en marcha en Viveiro o programa de lecer nocturno xuvenil “Noites alternativas”. Este programa organizado pola Concellería de Xuventude do concello de Viveiro, que comezou sendo un proxecto piloto con obxectivos como o de proporcionar a xoves con idades comprendidas entre os 12 e os 30 anos unha forma de ocio alternativo propiciando lugares lúdicos e de encontro entre os mozos ou o de fomentar hábitos de vida saudábeis afastados das tan concorridas noites de drogas e alcol, tivo dende a primeira semana unha moi boa acollida entre os máis novos. Este éxito radica, sen dúbida, na  gran variedade de actividades que oferta, xa que, todos aqueles que asistan ás Noites alternativas poden participar nas ligas de baloncesto, fútbol, tenis, practicar spining, patinaxe, esgrima, asistir a talleres de cestería, malabares, maquillaxe, coiro ou adentrarse no mundo da danza e o teatro, entre outras. Os lugares nos que se pode disfrutar desta variada oferta son os pavillóns, as aulas dos claustros de San Francisco, a Casa da Xuventude e a piscina. Dende as oito da tarde ata a unha da mañá, os venres e sábados, os máis novos poden vivir unha fin de semana divertida, diferente, e na que van a atopar o ambiente ideal para coñecer xente con idade e gustos similares. Esta alternativa é ademais moito máis económica que saír de copas, xa que todas as actividades son de balde. 

Dende a oficina municipal de información xuvenil (OMIX), quero animar a todos os xoves a que participen neste programa, a que se esquecezan dos estereotipos e exerzan o seu dereito de decidir, construíndo así, a súa propia diversión. A responsable da OMIX

actividades do 1 ao 16 de xuño

VIVE AS NOITES ALTERNATIVAS NA PRAIA

venres e sábado de 19 a 23 horas (praia de covas)

  • Fútbol praia
  • Volei praia
  • Tenis praia
  • kaiaks

ACTIVIDADES DO MES DE MAIO

NOITES ALTERNATIVAS 2006

VENRES 25

SÁBADO 26

ACTIVIDADES

LUGAR

ACTIVIDADES

LUGAR

20:00-22:00 ESCALADA

PAV. MUNICIPAL

20:00-22:00 GOLF

CAMPO DE FÚTBOL

21:00-23:00 PASEO NO IATE GAROA

PORTO DEPORTIVO

22:00-24:00QUADS 

CAMPO DE FÚTBOL

 21:00-24:00PATINAXE

PAV. ANTONIO TARRÍO

22:00-24:00 TIRO CON ARCO

CAMPO DE FÚTBOL