Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Categoría: Premios e Concursos

PREMISO EXTRAORDINARIOS DE DUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA

omix 29/10/2009 @ 13:53

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convoca os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2008-2009 co obxecto de dar recoñecemento público aoesforzo e dedicación do alumnado desta etapa educativa, reforzar aqueles aspectos que inciden na mellora do sistemaeducativo e xuntar excelencia con equidade, igualdade de oportunidades e posibilidades de desenvolvemento persoal.

Poderanse conceder ata un máximo de 20 premios.

O alumnado que resulte premiado recibirá un diploma acreditativo e un ordenador portátil.
Poderán optar aos premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico o alumnado
que reúna as seguintes condicións:
1. Cursar durante o curso 2008-2009 cuarto curso de educación secundaria obrigatoria no réxime ordinario en calquera
dos centros da Comunidade Autónoma de Galicia.
2. Estar proposto polo equipo docente para a expedición do título de graduado en educación secundaria.
3. A media das cualificacións dos alumnos e alumnas solicitantes debe ser igual ou superior a 9 puntos.
4. Esta nota media será a media aritmética das cualificacións en todas as materias dos catro cursos da etapa.

O alumnado que, reunindo os requisitos indicados, desexe optar aos premios extraordinarios, deberá solicitalo antes do 23 de
novembro de 2009.

Máis información no DOG do 22 de outubro de 2009 e en www.edu.xunta.es

VII CERTAME DE MICRORRELATOS LONXA LITERARIA

omix 14/10/2009 @ 15:27

O Centro Cultural Daniel Castelao convoca o VII Certame de microrrelatos Lonxa Literaria.

Os microrrelatos deberán estar escritos en galego normativo e cunha extensión máxima de 15 liñas a dobre espazo e
cunha letra tipo "Times New Roman, nº 12". No texto deberá conter necesariamente a palabra ESCUMALLO.

Teléfono: 986 314 250
Máis información: http://www.xuventude.net/web/xuventude/expresate

CONCURSO DE PREMIOS DO INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

omix 14/10/2009 @ 15:26

O Instituto Galego de Consumo e a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convocan un concurso de premios
para a elaboración de carteis, fotografías, soportes audiovisuais e ilustracións que teñan como tema os dereitos das
persoas consumidoras, dirixido ao alumnado de escolas de arte, ciclos superiores de deseño e produción editorial, ciclos
superiores de comunicación, imaxe e son e bacharelatos artísticos.

Modalidade A: carteis.
2. Modalidade B: fotografías.
3. Modalidade C: vídeos.
4. Modalidade D: cuñas de radio.
5. Modalidade E: ilustracións.

O prazo de presentación dos traballos remata o día 10 de novembro de 2009.

Máis información: http://www.xuventude.net/web/xuventude/expresate

XIII PREMIO DE POESIA JOHAN CARBALLEIRA

omix 14/10/2009 @ 15:24

O Concello de Bueu (Pontevedra) convoca o XIII Premio de Poesía Johan Carballeira.

Poderán concorrer a el autoras e autores que presentaren os seus orixinais escritos en lingua galega. Os textos, cuxa
extensión deberá superar os 400 versos, terán que ser inéditos e non estar premiados en anteriores convocatorias do
premio nin en ningún outro concurso de poesía.
Dotación: O premio terá unha dotación única e indivisible de 1.500 € e publicación da obra gañadora por parte do
Concello de Bueu
O prazo de presentación das obras será ata o 16 de novembro de 2009.
MÁIS INFO:tel. 986 32 43 38

CERTAMES LITERARIOS

omix 29/09/2009 @ 12:24

CERTAME LITERARIO FRANCISCO LORENZO MARIÑO

Poderán participar todas as persoas interesadas, de calquera nacionalidade que presenten os escritos en lingua galega.

Os textos presentados deberán ser inéditos. O tema libre.
Os traballos según as categorías deberán ser:
Categoría A, rapaces entre 6 e 15 anos, de 20 a 60 versos en poesía e de un a tres folios na modalidade de narrativa.
Categoría B, de 16 anos en diante, de 100 a 250 versos en poesía e de 5 a 12 folios en narrativa, coa letra de Times
Roman e un tamaño de 12.

Os premios para as distintas categorias e modalidades será de 180 euros para cada unha. Tamén haberá accésit e
diploma da publicación galardoada.

Os traballos presentaránse en sobre pechado, orixinal e tres copias, figurando no seu exterior Certame Literario
Francisco Lorenzo Mariño-Aguiño, 50 anos de parroquia.

O prazo de presentación dos traballos finalizará o venres 16 de outubro de 2009.

VI CERTAME DE NARRACION CURTA DO CONCELLO DE CURTIS

Convócase o VI Premio de Narración Curta do Concello de Curtis "CURTIS TREME" (con temática de terror).

Os textos presentados deberán estar escritos en lingua galega.
Os orixinais, inéditos e non premiados en ningún outro certame, deberán ter unha extensión comprendida entre os 3000
e 5000 caracteres (espazos incluidos).

MÁIS INFO:http://www.xuventude.net/web/xuventude/expresate

PROGRAMA RECLOTHES- REBOOT YOUR CLOTHES

omix 23/09/2009 @ 12:23

O Consello da Xuventude de Galicia (CXG), como socio español da iniciativa xuvenil "RECLOTHES – reboot your clothes", vai abrir o prazo de presentación de traballos para o noso país neste concurso internacional de deseño e elaboración de roupa con materiais reciclados.

Neste concurso participan Portugal, Hungría e España. A fase nacional xa rematou en Portugal e Hungría e ábrese agora para España.

O prazo de inscrición de participantes remata o 26 de setembro. O envío de traballos será dende o 1 ata o 26 de setembro, ben presentándoos na sede do Consello da Xuventude de Galicia, ou ben enviándoos por correo ao seguinte enderezo:

Consello da Xuventude de Galicia
Proxecto "RECLOTHES – Reboot your clothes"
Edificio Área Central – Polígono de Fontiñas
1º andar – Local L32 I-J-K
15703 Santiago de Compostela
A Coruña
Fonte. Consello da Xuventude de Galicia
Máis info:http://www.reciclario.com/

CONCURSOS CONCELLO DA PEROXA

omix 23/09/2009 @ 10:28

O Concello da Peroxa convoca o II Concurso de relatos curtos no que se poderá presentar calquera persoas de calqueranacionalidade.

O temá é libre e o estilo narrativa, tipo relato curto cunha extensión máxima de 1500 palabras. Os traballos presentados
deberá ser inéditos e en lingua galega.

Presentaranse en A4, a dobre espazo e se entregarán dúas copia. En sobre aparte co mesmo título incluiranse os datosdo autor, correo electrónico e teléfono de contacto.
O prazo estará aberto ata o 30 de setembro de 2009.

Premios:
1º premio: diploma + 100 €
2º premio: diploma + 60 €
3º premio: diploma + 40 €

O Concello da Peroxa convoca o I Concurso Fotográfico de Concello da Peroxa.

1.- Poderán presentarse persoas de calquer nacionalidade que teñan a súa residencia en España.
2.- Tema: libre.
3.-Presentación: sin enmarcar, nin pegada a soporte, calquer técnica fotográfica. Tamaño 20cmx30cm.
Non se admiten copias de impresora.
4.- O dorso escribirase o título. En sobre aparte co mismo título incluiranse os datos do autor, correo electrónico eteléfono de contacto.
5.- Prazo: Aberto ata o 30 de setembro de 2009.
6.- O número de obras presentadas será de tres por autor, poderán ser entregadas ou remitidas a: Praza do concello nº
83, 32150, A Peroxa (Ourense).
7.- Exposición: Tódalas obras serán expostas na biblioteca do concello do 15 ao 30 de outubro.

Máis información na OMix do Concello da Peroxa, teléfono 988 206 614
Máis información: http://www.xuventude.net/web/xuventude/expresate

CONCURSO FOTOGRAFICO GALICIA INNOVADORA E CREATIVA

omix 23/09/2009 @ 10:26

A Fundación Galicia Europa, coa colaboración da Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura e da Dirección Xeral
de Xuventude, convoca o concurso fotográfico "Galicia Innovadora e Creativa". O mesmo está dirixido a mozos e mozas que
queiran expresar a través da fotografía a súa particular visión da Galicia máis vangardista e innovadora.

A temática do certame está en consonancia coa celebración no 2009 do Ano Europeo da Creatividade e a Innovación.

Poderán presentar os seus traballos todos aqueles mozos de idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos; nados en
Galicia, fillos de galegos ou residentes en Galicia desde o 2006 (ter nacionalidade dun dos Estados membros da Unión
Europea). As obras presentaranse en papel ou formato dixital na sede da Fundación Galicia Europa en Santiago.

O prazo de inscrición remata o 20 de outubro.

FONTE: www.xuventude.net

XXII EDICIÓN DO PREMIO NACIONAL DE POESIA XOSEMARIA PÉREZ PARALLÉ

omix 16/09/2009 @ 13:00

O Círculo Mercantil e Industrial - Unidade de Fene mantén aberto o prazo ata o 30 de setembro para a recepción de orixinais para participar no premio.

As bases do premio atópanse publicads na web do certame: http://premioperezparalle.bloggaliza.org

CONCURSO DE DESEÑO DE CARTEIS

omix 16/09/2009 @ 12:49

A Deputación Provincial da Coruña convoca a 2ª edición do concurso de deseño de carteis e eslogans contra a violencia de xenero

O tema do cartel ten que gardar relación co motivo da conmemoración este ano do Día internacional da muller que é "Mulleres e homes unidos para poñer fin á violencia contra as
mulleres e nenas"

O prazo de admisión de orixinais finalizará o 30 de setembro de 2009.

Máis info: BOP CORUÑA DO 4 DE SETEMBRO DE 2009