Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Categoría: Formación

REDE GALEGA DE INFORMACIÓN XUVENIL

omix 23/09/2009 @ 12:05

ENCONTRO AUTONOMICO DE INFORMACION XUVENIL

"A CREATIVIDADE COMO FERRAMENTA DE TRABALLO COA XUVENTUDE"
SANTIAGO DE COMPOSTELA 23 DE OUTUBRO DE 2009
ORGANIZA:
DIRECCIÓN XERAL DE XUVENTUDE E VOLUNTARIADO

DESTINATARIOS:
PERSOAS QUE TRABALLEN NO ÁMBITO DA INFORMACIÓN XUVENIL.

OBXECTIVOS:
Servir de lugar de encontro para participar, analizar, reflexionar e intercambiar ideas e experiencias sobre a creatividade
como ferramenta de traballo coa xuventude, para prestar un mellor servizo á sociedade en xeral e á mocidade en particular.
METODOLOXÍA:
A metodoloxía do encontro busca faciliar a participación activa e o intercambio de experiencias e ideas dos informadores
xuvenis a través do traballo en grupos.

PRAZO DE INSCRICIÓN:
ata o 30 de setembro de 2009

LUGAR E DATAS:
Santiago de compostela, o venres día 23 de outubro de 2009, no
hotel Congreso.

CURSO DE FORMACION ACCION 5.1 E DIALOGO ESTRUCTURADO

omix 23/09/2009 @ 12:02

A Axencia Nacional Portuguesa do Programa Mocidade en Acción organiza un curso de Formación sobre a Acción 5.1 e o
Diálogo
Estruturado.
A actividade formativa terá lugar en Braga (Portugal) do 5 ao 10 de outubro de 2009.

Máis información: http://www.xuventude.net/web/xuventude/europaaoteualcance/xuventudeenaccion

CURSO DE MONITORES DE ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE

omix 23/09/2009 @ 12:00

A Escola Diocesana de Educadores no Tempo Libre de Mondoñedo-Ferrol impartirá do 25 de setembro ó 29 de novembro de
2009 un curso de monitores de actividades de tempo libre.
Lugar onde se vai impartir: aula da EDETL.
Enderezo: Magdalena 153, 2º dereita.
Teléfono: 981 353 150.

Máis información: http://www.xuventude.net/web/xuventude/escolasdetempolibre/asescolas

XV CURSO OBRADOIRO DE FORMACIÓN DO VOLUNTARIADO INTERNACIONAL

omix 23/09/2009 @ 11:58

Intered Galicia convoca o XV Curso Obradoiro de formación do Voluntariado Internacional.
OBXECTIVOS DO CURSO:
1. Favorecer a reflexión crítica sobre as estructuras que xeran desigualdade.
2. Propoñer alternativas solidarias cós pobos do sur e sectores excluídos do norte.
3. Motivar para o compromiso e a participación voluntaria.
4. Valorar a diversidade, a través do encontro e do diálogo, como unha das claves para a interdependencia solidaria.
QUEN PODE PARTICIPAR?
- Estudantes maiores de 20 años.
- Profesionais preferentemente do ámbito da educación formal e non formal así como do ámbito da comunicación.
- Quen desexe comprometerse en accións voluntarias.
INSCRICIÓNS:
InteRed
Praza do Matadoiro, 7 _ Baixo
15703 Santiago de Compostela
Teléfono: 981 58 79 66
E-mail: galicia@intered.org
PRAZO DE MATRÍCULA:
Matricula aberta ata o 17 de outubro de 2009
PREZO:
Estudantes o persoas desempregadas: 90 €
Profesionais: 120 €

máis info: http://xuventude.net/web/xuventude/ensino/cursosmasters.posgraos

CURSO DE PERFECCIONAMENTO EN XESTIÓN SOCIOEDUCATIVA DA INMIGRACIÓN NO EIDO LOCAL

omix 11/09/2009 @ 09:10

O curso ten unha duración de 60 horas e é organizado pola Fac. de CC da Educación da Universidade de Santiago de Compostela.
A taxa de matrícula é de 150€

Datas de preinscrición: Dende o 01/07/2009 ata 20/09/2009
Datas de matrícula: Dende o 28/09/2009 ata o 06/10/2009

MÁIS INFO.www.usc.es/esculca

CURSO DE ATENCION A PERSOAS DEPENDENTES

omix 25/08/2009 @ 11:15

A Federación de Autismo de Galicia convoca o curso de Atención a Persoas Dependentes, dirixido a mulleres desempregadas/inactivas con residencia en Galicia e con título de Garduado Escolar ou equivalente.
O curso impartirase do 2 de setembro ao 28 de outubro en horario de 9.00 a 14.00 horas.
A matrícula é gratuita.

Lugar de realizacón e información: Centro de Recursos da Federación Autismo Galicia: Avda Rodriguez de Viguri nº35.15703. Santiago de Compostela.

MÁIS INFO: http:/www.xuventude.net/web/ensino/cursosmastersposgraos

PROBAS LIBRES PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE GRADUADO EN ESO PARA MAIORES DE 18 ANOS

josete 06/08/2009 @ 09:51

Pode acceder  a estas probas o alumnado que tras finalizar a ESO, tendo 18 anos cumpridos teña un máximo de cinco materias non superadas.

Máis info: http://www.xuventude.net/web/xuventude/ensino

OFERTA MODULAR POLO REXIME DE PERSOAS ADULTAS EN CICLOS FORMATIVOS

josete 06/08/2009 @ 09:28

A Consellería de Educación publicou a oferta modular polo réxime de persoas adultas, na modaliddae presencial, de ciclos formativos de FP en centros públicos da CCAA de Galicia para o ano académico 2009-2010

Máis info: http://www.xuventude.net/web/xuventude/ensino

Formación

josete 31/05/2007 @ 10:47

OBRADOIRO DE INFORMÁTICA PARA PEQUES

IDADES: de 4 a 10 anos

DATAS:

NIVEL I: do 3 ao 7 de setembro

NIVEL II: do 10 ao 14 de setembro

OBRADOIRO DE CORREO ELECTRÓNICO E BÚSQUEDA POR INTERNET PARA ADULTOS

IDADES: a partir de 10 anos

DATA: do 20 ao 24 de setembro

Estes obradoiros son gratuitos e as prazas están limitadas.

Infórmate no Telecentro do concello ubicado nos Claustros de San Francisco ou no teléfono 982562242 

CURSO DE INGLÉS


Data de inscrición: a partir do 23 de xullo de 2007

Data de comezo: o 1 de agosto

Idades: de 12 a 30 anos

Custo: De Balde

Prazas: limitadas

Contidos:

·        Nivel I: de 6º de primaria a 3º de ESO

·        Nivel II: a partir de 4º de ESO

Lugar: Claustros de San Francisco

Horarios:

-nivel I: 12:30 a 14:00

-nivel II: 20:00 a 21:30

Información:OMIX, claustros de San Francisco 2º andar.

Tel: 982550421/ correo: informacion.xuvenil@viveiro.es

 

CAMPAMENTO DE VERÁN

Data de comezo: 13 de agosto

Duración: 10 días

Idades: de 12 a 30 anos

Custo: De balde

Prazas: limitadas

Horario: 10:30 a 13:30

Lugar de encontro e recollida: pavillón Antonio Tarrío

Inscrición: OMIX, claustros de San Francisco, 2º andar.

Tel: 982550421/correo:informacion.xuvenil@viveiro.es

 

CURSO DE FRANCÉS

Data de comezo: 8 de agosto

Duración: ata comezo do curso escolar

Custo: de balde

Prazas: limitadas

Horario: de 11:00 a 12:00

Lugar: claustros de San Francisco

Inscrición: OMIX, claustros de San Francisco, 2º andar

tel: 982550421/ correo: informacion.xuvenil@viveiro.es

Cursos de informática para nenos e adultos

 Prazo: ata cubrir as prazas

Organiza: Consellería de innovación e industria e o Concello de Viveiro.

Colabora: OMIX

Lugar: Claustros de San Francisco

DATAS E HORARIOS:

nenos de 4 e 5 anos: prazo pechado

data: 9 ao 13 de xullo

día e hora: martes e xoves de 11:30 a 12:30

nenos de 6 e 7 anos: prazo pechado

data: do 9 ao 13 de xullo

día e hora: luns e mércores de 11:30 a 12:30

nenos de 8 a 11 anos:

data: do 16 de xullo ao 3 de agosto

día e hora: martes e xoves de 10:30 a 11:30

Iniciación a internet para adultos:

data: do 9 ao 13 de xullo

día e hora: todos os días de 9:30 a 11:00

Curso de  Danza e Curso de Teatro

Prazo de Inscripción: sen prazo

Organiza: Centro de creacións artísticas

Colabora: OMIX do Concello de Viveiro

Lugar: Claustros de San Francisco

Horario: mércores de 19:00 a 20:30/ 21:00 a 22:00

Teléfono de contacto:620065558

Cursos de verán da UNED en Viveiro

  1. Terrorismo e armas
  2. A rebelión das mulleres: nova crise dos dereitos humáns
  3. Orientación en competencias socio-emocionais e a mellora do aprendizaxe no contexto educativo

Datas: do 9 ao 13 de xullo

Informa: UNED de Viveiro