Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Categoría: Bolsas, axudas e subvencións

SUBVENCIONS PARA PROGRAMAS DE FORMACION E INSERCION LABORAL

omix 29/10/2009 @ 13:52

O Ministero de Traballo e Inmigración convoca subvencións para a realización dun programa de carácter curricular que,
incluíndo a orientación, formación, integración e inserción no emprego, xere as competencias que permitan que os mozos
desempregados menores de 25 anos, en situación ou con risco de exclusión social e que teñan necesidades formativas
especiais e dificultades para a súa inserción ou recualificación profesional e se adapten aos novos requirimentos do
sistema produtivo.

As subvencións que se convocan pola Resolución poderán ser solicitadas por asociacións ou fundacións.

O prazo para a presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación da
resolución no «Boletín Oficial do Estado».
Información no BOE do 23 de outubro de 2009.
Máis información: http://www.xuventude.net/web/xuventude/asociacions/financiamento/ordedesubvencions.

BOLSAS DA CONSELLERIA DE TRABALLO PARA A REALIZACION DE PRÁCTICAS NOS CENTROS DE ATENCIÓN A MENORES

omix 21/10/2009 @ 12:39

A Consellería de Traballo e Benestar convoca bolsas para a realización de prácticas nos centros de atención a menores.
Son requisitos para participar na convocatoria os seguintes:

-Ser español/a ou nacional de calquera país membro da Unión Europea, legalmente establecido en España e con
residencia na Comunidade Autónoma de Galicia.
-Non ter cumpridos os 25 anos na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
-Estar cursando ou ter rematados estudos de formación profesional de grao superior en animación sociocultural,
animación de actividades físicas e deportivas e integración social, ou estudos universitarios de psicoloxía, pedagoxía,
psicopedagoxía, mestre de educación primaria ou educación física, traballo social e educación social.
-Non realizar actividades profesionais remuneradas por conta propia ou allea, nin recibir bolsas similares ás desta
convocatoria.
-Non ter aproveitado en anteriores convocatorias estas ou outras bolsas de similares características por un período
superior a un ano.
-Non padecer defecto físico que impida o desenvolvemento normal da actividade do centro.

A concesión da bolsa comporta para o beneficiario:
O aloxamento e mantenza gratuítos no centro durante todo o tempo de realización das prácticas, de tal xeito que se lle permita o/a
bolseiro/a a normal realización dos seus estudos.

A asunción pola Consellería de Traballo e Benestar dos gastos seguintes:

-Custos de matrícula ata un importe máximo de 210 €, logo da correspondente xustificación de terse matriculado nos estudos
detallados no artigo 2º desta orde.
-Custos derivados da adquisición de libros relacionados cos estudos cursados, ata un importe máximo de 120 euros, logo da súa
xustificación a través da presentación da correspondente factura no prazo de un mes desde que tivo lugar a adquisición.
-O pagamento dunha contía mensual de 120 euros durante nove meses en concepto de bolsa, logo da xustificación polo director do
centro da realización das prácticas nos meses correspondentes.
A obtención, unha vez rematada a estadía no centro, dun diploma acreditativo das prácticas realizadas, que lles será entregado
polo/a xefe/a territorial do departamento territorial da Consellería de Traballo e Benestar logo do informe favorable do director do
centro.
A posibilidade de solicitude ás universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo, no caso de ser alumnos destas, do
recoñecemento de 2 créditos de libre elección curricular.
Para o recoñecemento destes créditos, os alumnos deberán presentar na universidade correspondente a seguinte documentación:
-Diploma ou certificación acreditativa da superación das prácticas realizadas.
-Unha memoria da actividade realizada no centro.
Estes créditos recoñeceranse como de libre configuración curricular, sen que sexa posible superar os límites que, para estes efectos,
establecen os correspondentes plans de estudos.
A duración das prácticas e, polo tanto, as estadías nos centros dos adxudicatarios das bolsas, será do 1 de outubro de
2009 ao 30 de xuño de 2010.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 16 de novembro de 2009.
Máis información no DOG do 15 de outubro de 2009.

Máis información: http://www.xuventude.net/web/xuventude/ensino/bolsaseaxudas

CONVOCATORIA BOLSAS SOSTIBILIDADE E INTEGRACION DA USC

omix 21/10/2009 @ 12:36

A USC convoca 28 bolsas para o desenvolvemento de actividades nos centros docentes da USC.
Están dotadas con 145 € o mes durante sete meses (do 1 de decembro de 2009 ata fins de xuño de 2010)
Serán:
-22 bolsas no Campus de Santiago.
-6 bolsas no Campus de Lugo.

Requisitos:
Ser estudante da USC durante o cursos 2009-2010 de Grao, Máster ou titulacións non adapatadas ao EEES.
O prazo de presentación de solicitudes remata o 16 de outubro de 2009.
Información:
Reitoría da USC
Colexio de San Xerome
Praza do Obradoiro, s/n
15782 Santiago de Compostela
Teléfono: +34 981 56 31 00
Vicerreitoría de Coordinación
do Campus de Lugo
Praza Pío XII, 3
27001 Lugo
Teléfono: +34 982 28 59 00

Máis información: http://www.xuventude.net/web/xuventude/ensino/bolsaseaxudas
CURSO "

BOLSA PARA O MUSEO DE PONTEVEDRA

omix 14/10/2009 @ 15:38

Convocatoria polo procedemento de concorrencia
competitiva dunha bolsa de colaboración co Organismo Autónomo Museo Provincial de Pontevedra.
Para perfeccionamento e prácticas na catalogación
do Arquivo Gráfico, unha (1) bolsa.

Máis información: Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOP). núm. 194, do mércores 7 de outubro de 2009.
www.depontevedra.es

CONVOCATORIA DE BOLSAS PARA O ORGANISMO AUTONMO TURISMO RÍAS BAIXAS

omix 14/10/2009 @ 15:37

Son 4 bolsas de colaboración para Diplomados en Turismoou Ciclo Superior en Comercialización e Información Turística.

Os requisitos dos/as candidatas son:
1. Ser español/a ou nacionalidade dun país
membro da Unión Europea e residente no
momento da convocatoria desta bolsa de colaboración. Preferiblemente con residencia
na provincia de Pontevedra.
2. Estar en posesión do título de Diplomado en
Turismo ou Ciclo Superior en Comercialización
e Información turística, ou en condicións
de obtelo na data en que finalice o
prazo de presentación de instancias.
3. Non ter sido beneficiario dunha bolsa neste
organismo por un tempo superior a un ano.

O prazo de presenatción de instancias estará aberto ata o 22 de outubro.
MÁIS INFO: BOP PONTEVEDRA do 7 de outubro de 2009.

AMPLIACIÓN DO PRAZO DE SOLICITUDE DE BOLSAS DO MEC

omix 09/10/2009 @ 08:59

O Ministerio de Educación amplía o prazo de presentación de solicitudes de bolsas de caracter xeral e de mobilidade para o curso académico 2009-2010 par alumnos de ensinanzas universitarias e de estudos postobrigatorios e superiores non universitarios.

O prazo amplíase ata o 10 de outubro

BOLSAS EN MATERIA DE MEDIO AMBIENTE

omix 29/09/2009 @ 13:26

O Ministerio de Medio convoca as seguintes bolsas:

a) Tres bolsas na área de medio e biodiversidade mariña. Titulados superiores, en Bioloxía, Ciencias Ambientais e Ciencias
do Mar.
b) Dúas bolsas na área de economía pesqueira. Diplomados universitarios ou titulados superiores, preferentemente en
Dereito, Economía, Administración e Dirección de Empresas, ou en Xestión e Administración Pública e en Ciencias
Empresariais

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 15 de outubro de 2009.
Máis información no BOE do 25 de setembro de 2009
Máis información: http://www.xuventude.net/web/xuventude/ensino/bolsaseaxudas

Convocatoria 3 bolsas Servizo Medio Natural. Deputación de Pontevedra

Poderán ser solicitadas por :
-Dúas Bolsas para Titulados Universitarios:
Enxeñeiros/as Agrónomos, Enxeñeiros/as
Técnicos Agrícolas.
-Unha Bolsa para FP-II: Técnico Superior en
Industrias Alimentarias, Especialidade Enoloxía.

As instancias solicitando tomar parte no
concurso dirixiranse ao Sr. Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra e presentaranse no rexistro xeral da
Corporación Provincial no prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria
no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.

Máis información: Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOP), núm. 183, do martes 22 de setembro de 2009.
www.depontevedra.es
Máis información: http://www.xuventude.net/web/xuventude/ensino/bolsaseaxudas
Páxina 12

PROGRAMA SSUPRACOMUNITARIOS SOBRE DROGODEPENDENCIAS

omix 23/09/2009 @ 10:42

O Ministerio de Sanidade publica unha convocatoria de axudas económicas, en réxime de concorrencia competitiva, a
entidades privadas sen fins de lucro, de ámbito estatal, para o desenvolvemento de programas de acción social no campo
das drogodependencias que afecten ao ámbito territorial de dous ou máis comunidades autónomas.

O prazo da presentación de solicitudes estará aberto ata o 22 de outubro de 2009.
Máis información no BOE do 21 de outubro de 2009

AXUDAS PARA PREVENCIÓN DO ALCOHOLISMO

omix 23/09/2009 @ 10:41

A Consellería de Sanidade convoca axudas en réxime de concorrencia competitiva ás entidades privadas sen ánimo de
lucro para a realización de programas de prevención do alcoholismo.
Para ser beneficiario das axudas será indispensable ser unha asociación ou calquera outra entidade privada sen ánimo
de lucro que estea dedicada principalmente ao alcoholismo e así se recolla expresamente como un dos seus fins
estatutarios.
Así mesmo, deberá desenvolver a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia.

O prazo para presentar solicitudes remata o 19 de outubro de 2009.
Máis info: DOGA do 17 de setembro de 2009

BOLSAS PARA FORMACIÓN DO PERSOAL ESPECIALISTA EN TEMAS DE INVESTIGACIÓN MARIÑA

omix 16/09/2009 @ 13:19

A Consellería do Mar convoca bolsas para a realización de teses de doutoramento en temas de investigación mariña
correspondentes ao Programa de recursos humanos do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación
Tecnolóxica.

Bolsas:
Alimentación nunha planta de cultivos. Calidade do alimento vivo e alternativas á súa substitución ou suplementación.
Titulación: Ldo. biolóxicas ou ldo. cc. do mar. Lugar: Cima-Centro de Cultivos Mariños-Ribadeo (Lugo)
A eliminación de toxinas ASP dos moluscos bivalvos. Titulación: Ldo. biolóxicas. Lugar: Cima-Centro de Investigacións
Mariñas-Corón (Vilanova de Arousa)
O importe das bolsas incluirá unha asignación
mensual de 1.145 € brutos.

A duración destas bolsas será de vinte e catro (24) meses, contados a partir da data de incorporación.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 13 de outubro de 2009.
Máis información no DOG do 11 de setembro de 2009 e na web http://conselleriamar.xunta.es