Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Categoría:

PROGRAMA RECLOTHES- REBOOT YOUR CLOTHES

omix 23/09/2009 @ 12:23

O Consello da Xuventude de Galicia (CXG), como socio español da iniciativa xuvenil "RECLOTHES – reboot your clothes", vai abrir o prazo de presentación de traballos para o noso país neste concurso internacional de deseño e elaboración de roupa con materiais reciclados.

Neste concurso participan Portugal, Hungría e España. A fase nacional xa rematou en Portugal e Hungría e ábrese agora para España.

O prazo de inscrición de participantes remata o 26 de setembro. O envío de traballos será dende o 1 ata o 26 de setembro, ben presentándoos na sede do Consello da Xuventude de Galicia, ou ben enviándoos por correo ao seguinte enderezo:

Consello da Xuventude de Galicia
Proxecto "RECLOTHES – Reboot your clothes"
Edificio Área Central – Polígono de Fontiñas
1º andar – Local L32 I-J-K
15703 Santiago de Compostela
A Coruña
Fonte. Consello da Xuventude de Galicia
Máis info:http://www.reciclario.com/

APROBACIÓN DOS PREZOS PÚBLICOS DOS COMEDORES ESCOLARES NOS CENTROS DE ENSINO PÚBLICO NON UNIVERSITARIO

josete 14/08/2009 @ 09:15

A Consellería de Educación establece os prezos públicos correspondentes aos servizos de comedor nos centros docentes públicos non universitarios de Galicia.

O prezo xeral é de 3 €por usuario e día de servizo.

Teñen dereito a unha bonificación do 50 %, prezo de 1,5€ as persoas que se atopen nalgún dos seguintes supostos:

-Alumnado pertencente a familias numerosas de categoría xeral.

-Alumnado pertencente a familias que acrediten unha renda anual comprendida entre os tramos do IPREM que se especifican a continuación:

Unidade familiar de ata 3 membros: renda anual superior a 3,5 veces e non superior a5 veces o IPREM.

Unidade familiar de 4 membros: renda anual superior a 4 veces o IPREM e non superior a 5,5 veces o Iprem.

Teñen dereito á gratuidade do servizo de comedor:

a. Alumnado escolarizado nos niveis de ensino obrigatorio e 2 ciclo de Ed.Infantil que sexa usuario de transporte escolar, salvo que tivesen servizo de transporte a mediodía.

b. Alumnado en situación socioeconómica moi desfavorable ou pertencente a colectivos sociais con dificultades de integración.

c. Persoal docente ou non docente e nais e pais que realicen funcións de atención no comedor escolar.