Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Taboleiro de anuncios

josete — 22-06-2007 GTM 1 @ 12:31

 Se che interesa publicar aquí os teus anuncios ponte en contacto coa responsable da OMIX no teléfono 982550421.

REGÁLANSE GATIÑOS, BRANCOS, NEGROS, CON RAIAS OU ESTAMPADOS.

Saben cazar ratos e dar mimos. Buscan donos ou donas amabeis.tf:620065558/675626687

oposicións e emprego

josete — 31-05-2007 GTM 1 @ 17:09

Para obter información sobre oposicións e concursos en toda España consulta a seguinte dirección:  http://www.igsap.map.es/cia/oferta/oferta.pdf

Ofertas de emprego do Servizo Galego de Colocación: http://traballo.xunta.es/index.jsp?ang=gal&menu=em0&entry=em2&item=&content=

Ofertas de emprego do concello de Viveiro: http://empregoviveiro.nireblog.com/

Formación

josete — 31-05-2007 GTM 1 @ 10:47

OBRADOIRO DE INFORMÁTICA PARA PEQUES

IDADES: de 4 a 10 anos

DATAS:

NIVEL I: do 3 ao 7 de setembro

NIVEL II: do 10 ao 14 de setembro

OBRADOIRO DE CORREO ELECTRÓNICO E BÚSQUEDA POR INTERNET PARA ADULTOS

IDADES: a partir de 10 anos

DATA: do 20 ao 24 de setembro

Estes obradoiros son gratuitos e as prazas están limitadas.

Infórmate no Telecentro do concello ubicado nos Claustros de San Francisco ou no teléfono 982562242 

CURSO DE INGLÉS


Data de inscrición: a partir do 23 de xullo de 2007

Data de comezo: o 1 de agosto

Idades: de 12 a 30 anos

Custo: De Balde

Prazas: limitadas

Contidos:

·        Nivel I: de 6º de primaria a 3º de ESO

·        Nivel II: a partir de 4º de ESO

Lugar: Claustros de San Francisco

Horarios:

-nivel I: 12:30 a 14:00

-nivel II: 20:00 a 21:30

Información:OMIX, claustros de San Francisco 2º andar.

Tel: 982550421/ correo: informacion.xuvenil@viveiro.es

 

CAMPAMENTO DE VERÁN

Data de comezo: 13 de agosto

Duración: 10 días

Idades: de 12 a 30 anos

Custo: De balde

Prazas: limitadas

Horario: 10:30 a 13:30

Lugar de encontro e recollida: pavillón Antonio Tarrío

Inscrición: OMIX, claustros de San Francisco, 2º andar.

Tel: 982550421/correo:informacion.xuvenil@viveiro.es

 

CURSO DE FRANCÉS

Data de comezo: 8 de agosto

Duración: ata comezo do curso escolar

Custo: de balde

Prazas: limitadas

Horario: de 11:00 a 12:00

Lugar: claustros de San Francisco

Inscrición: OMIX, claustros de San Francisco, 2º andar

tel: 982550421/ correo: informacion.xuvenil@viveiro.es

Cursos de informática para nenos e adultos

 Prazo: ata cubrir as prazas

Organiza: Consellería de innovación e industria e o Concello de Viveiro.

Colabora: OMIX

Lugar: Claustros de San Francisco

DATAS E HORARIOS:

nenos de 4 e 5 anos: prazo pechado

data: 9 ao 13 de xullo

día e hora: martes e xoves de 11:30 a 12:30

nenos de 6 e 7 anos: prazo pechado

data: do 9 ao 13 de xullo

día e hora: luns e mércores de 11:30 a 12:30

nenos de 8 a 11 anos:

data: do 16 de xullo ao 3 de agosto

día e hora: martes e xoves de 10:30 a 11:30

Iniciación a internet para adultos:

data: do 9 ao 13 de xullo

día e hora: todos os días de 9:30 a 11:00

Curso de  Danza e Curso de Teatro

Prazo de Inscripción: sen prazo

Organiza: Centro de creacións artísticas

Colabora: OMIX do Concello de Viveiro

Lugar: Claustros de San Francisco

Horario: mércores de 19:00 a 20:30/ 21:00 a 22:00

Teléfono de contacto:620065558

Cursos de verán da UNED en Viveiro

  1. Terrorismo e armas
  2. A rebelión das mulleres: nova crise dos dereitos humáns
  3. Orientación en competencias socio-emocionais e a mellora do aprendizaxe no contexto educativo

Datas: do 9 ao 13 de xullo

Informa: UNED de Viveiro

Novidades

josete — 31-05-2007 GTM 1 @ 10:11

 CURSO DE INGLÉS

Data de inscrición: a partir do 23 de xullo de 2007Data de comezo: o 1 de agostoIdades: de 12 a 30 anosCusto: De BaldePrazas: limitadasContidos:·        Nivel I: de 6º de primaria a 3º de ESO ·        Nivel II: a partir de 4º de ESO

Lugar: Claustros de San Francisco

Horarios:-nivel I: 12:30 a 14:00-nivel II: 20:00 a 21:30Información:OMIX, claustros de San Francisco 2º andar. Tel: 982550421/ correo: informacion.xuvenil@viveiro.es 

CAMPAMENTO DE VERÁN

Data de comezo: 13 de agostoDuración: 10 díasIdades: de 12 a 30 anosCusto: De balde

Prazas: limitadas

Horario: 10:30 a 13:30

Lugar de encontro e recollida: pavillón Antonio Tarrío

Inscrición: OMIX, claustros de San Francisco, 2º andar.

Tel: 982550421/correo:informacion.xuvenil@viveiro.es

 

CURSO DE FRANCÉS

Data de comezo: 8 de agosto

Duración: ata comezo do curso escolar

Custo: de balde

Prazas: limitadas

Horario: de 11:00 a 12:00

Lugar: claustros de San Francisco

Inscrición: OMIX, claustros de San Francisco, 2º andar

tel: 982550421/ correo: informacion.xuvenil@viveiro.es

Cursos de informática para nenos e adultos

 Prazo: ata cubrir as prazas

Organiza: Consellería de innovación e industria e o Concello de Viveiro.

Colabora: OMIX

Lugar: Claustros de San Francisco

DATAS E HORARIOS:

nenos de 4 e 5 anos: prazo pechado

data: 9 ao 13 de xullo

día e hora: martes e xoves de 11:30 a 12:30

nenos de 6 e 7 anos: prazo pechado

data: do 9 ao 13 de xullo

día e hora: luns e mércores de 11:30 a 12:30

nenos de 8 a 11 anos:

data: do 16 de xullo ao 3 de agosto

día e hora: martes e xoves de 10:30 a 11:30

Iniciación a internet para adultos:

data: do 9 ao 13 de xullo

día e hora: todos os días de 9:30 a 11:00

Colaboradores-bolseiros para residencias xuvenís.Convoca: Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade.Contido: oferta de prazas de colaboradores-bolseiros nas residencias xuvenís dependentes da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar para o curso académico 2007/2008:

  • Centro Residencial Xuvenil Lug (Lugo) 4 home/muller
  • F.L. Cuevillas (Ourense) 5 home/muller
  • Altamar (Vigo) 6 home/muller

A concesión da bolsa comporta aloxamento e mantenza gratuítos na residencia xuvenil durante o seu período de funcionamento, incluído o curso académico e o período de vacacións, o que comprende os doce meses do ano. O aloxamento será de tal xeito que lle permita ao bolseiro a normal realización dos seus estudos.Requisitos: ter unha idade mínima de 18 anos e menos de 30 na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes. Estar cursando estudos universitarios nunha facultade ou escola universitaria ou ciclo formativo de grao superior. Os bolseiros deberán incorporarse ás residencias xuvenís o día 18 de setembro.Prazos: 9 de xullo de 2007.Informa: DOG do 21 de xuño de 2007. Centro Residencial Xuvenil LUG: 982 280 432. Residencia Florentino L. Cuevillas: 988 252 412. Altamar: 986 290 808. Prazas en residencias xuvenís da D.X.XuventudeConvoca: Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade.Contido: oferta de prazas para mozos e mozas estudantes nas residencias xuvenís dependentes da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar para o curso académico 2007/2008, en réxime de internado.

  • Cidade: Lugo. Residencia: Centro Residencial Xuvenil LUG. Prazas: 76 home/muller.
  • Cidade: Ourense. Residencia: Florentino L. Cuevillas. Prazas: 54 home/muller.
  • Cidade: Vigo. Residencia: Altamar. Prazas: 94 hombre/mujer.

Ademais dos servizos de aloxamento e mantenza, as residencias xuvenís ofrecen con carácter xeral os seguintes:

  • Aula de estudo-biblioteca.
  • Salas de xogos.
  • TV e vídeo.
  • Actividades culturais e deportivas.
  • Información aos pais sobre o comportamento do seu fillo/a cando os pais o soliciten ou cando a dirección da residencia o considere necesario

Requisitos: non superar os 30 anos de idade antes da data en que remate o prazo de presentación de solicitudes. Cursar estudos de ciclos formativos de grao medio. Cursar estudos de bacharelato. Cursar estudos de ciclos formativos de grao superior. Cursar estudos universitarios de 1º, 2º ou 3º ciclo nunha facultade ou escola universitaria ou estudos superiores en ensinanzas artísticas. Que no concello onde radique a súa residencia familiar non exista oferta de centros públicos para realizar o curso, nivel ou grao correspondente aos estudos que vaia cursar o/a solicitante. Exceptúase do anterior a realización de estudos universitarios, nos que o solicitante non acade a nota de corte ou puntuación académica mínima exixida para o ingreso nas facultades ou escolas universitarias da localidade de residencia familiar.Prezo: Residentes: 258 €. A cota poderase aboar por trimestre ou por mes. Os pagamentos faranse nos cinco primeiros días de cada trimestre ou mes, segundo a modalidade de pagamento escollida, durante a duración do curso, desde o 18 de setembro de 2007 ao 15 de xullo de 2008.Prazos: 9 de xullo de 2007.

Informa: DOG do 21 de xuño de 2007. Centro Residencial Xuvenil LUG: 982 280 432. Residencia Florentino L. Cuevillas: 988 252 412. Altamar: 986 290 808.

 

Solicitude anticipada de admisión en titulacións con límite de prazas existentes nas tres universidades do Sistema Universitario de Galicia para o curso 2007-2008.

Prazo: O período de solicitude anticipada de admisión abranguerá do 4 ao 29 de xuño de 2007, ambos os dous inclusive, das 9,00 ás 14,00 horas.



Informa:  http://ciug.cesga.es/actualizacion/marcodistrito.html


Titulacións do Sistema Universitario de Galicia. Curso 2007-2008.

Ver:  http://ciug.cesga.es/actualizacion/marcodistrito.html

Calendario das PAAU, da preescripción e da matrícula na universidade para o curso 2007-2008

ver: http://ciug.cesga.es/actualizacion/marcodistrito.html

Concertos 2007

josete — 29-05-2007 GTM 1 @ 13:09

 MES DE XULLO

VENRES 13 DE XULLO:

Festival grupos noveis locais

LUGAR: parque Pernas Peón

SÁBADO 30 DE XULLO:

GRUPO: Sex Museum+Combo Dinamo

HORA: 23:30

LUGAR: Carpa de Celeiro

MES DE AGOSTO

XOVES 9 DE AGOSTO

GRUPOS: Cristina Pato, Faltriqueira e Arrás

HORA: 22:00 h

LUGAR: Praza Maior

 VENRES 10 DE AGOSTO

GRUPOS: Los Planetas - Elodio y los Seres Queridos

HORA: 22:30 h

LUGAR: Praza Maior

SABADO 11 DE AGOSTO

GRUPOS: The Hot Dogs- The Nomads- Backyard Babies

HORA: 22:00h

LUGAR: Carpa de Celeiro

DOMINGO 12 DE AGOSTO

GRUPOS: Ectoplasma- Fangoria

HORA: 22:30

LUGAR: Praza Maior

MARTES 14 DE AGOSTO

GRUPO: Los Bravos

HORA: 24:00

LUGAR:Praza Maior

XOVES E VENRES 17 E 18 DE AGOSTO

RESURRECTIONFEST:

Napalm Death Madball+Ignite

Backfire+Angel Crew

Caliban+Devil in me

Grankapo+Twenty Fighters

LUGAR: Campo de fútbol Municipal

MERCORES 25 DE AGOSTO

GRUPO: Nacha Pop

HORA:24:00

LUGAR: Praza Maior

SÁBADO 18 DE AGOSTO

GRUPOS: Macaco- Telephunken Live

HORA:22:30 h

LUGAR: Praza Maior

Taboleiro de anuncios

josete — 29-05-2007 GTM 1 @ 13:02

  Se che interesa publicar aquí os teus anuncios ponte en contacto coa responsable da OMIX no teléfono 982550421.

REGÁLANSE GATIÑOS, BLANCOS, NEGROS, CON RAIAS OU ESTAMPADOS....

Sabe cazar ratos e dar mimos, busca donos ou donas amabeis.tf:620065558/675626687

URXENTE

Ofrécese salario máis vivenda de balde, ás persoas ou familias que se ofrezan a axudar no coidado dun ancián que reside na casa do lado. A vivenda está situada en Cangas de Foz.

Informa: Centro de Servizos Sociais do Concello de Viveiro

                Avda Cervantes s/n. Claustros de San Francisco

                Teléfonos: 982550421/982562149/646990737

Axudas e Subvencións

josete — 29-05-2007 GTM 1 @ 11:18

AXUDAS AO ALUMNADO UNIVERSITARIO GALEGO INTERESADO EN SOLICITAR CRÉDITOS BANCARIOS PARA FINANCIAMENTO DOS SEUS ESTUDOS OU PRORROGAR OS CONCEDIDOS NA CONVOCATORIA ANTERIOR. 

Convoca: consellería de educación e ordenación universitaria

Prazos: ata o 14 de setembro de 2007

Informa: Dirección Xeral de Ordenación e Calidade do Sistema Universitario de Galicia.D.O.G 01/08/07

AXUDAS PARA A PROMOCIÓN DE PRODUCIÓNS AUDIOVISUAIS A TRAVÉS DE INTERNET 

Convoca: Consorcio Audiovisual de Galicia

Prazos: ata o 1 de decembro de 2007

Informa: sede do Consorcio Audiovisual de Galicia. www.consorcioaudiovisualdegalicia.org 

AXUDAS DE CONVOCATORIA ABERTA E PERMANENTE PARA ACTIVIDADES DE COOPERACIÓN E AXUDA AO DESENVOLVEMENTO, CORRESPONDENTE AO ANO 2007

 Convoca: Ministerio de Asuntos Exteriores

Prazo: 1 de outubro de 2007

Informa: www.boe.es/boe/dias/2007/03/27/pdfs/A13224-13230.pdf


AXUDAS PARA FAVORECER A MOBILIDADE DE MESTRES VISITANTES E MASTERS OFICIAIS PARA O CURSO ACADÉMICO 2007-2008 


Convoca: MEC

Prazo: desde 1/10/2007 hasta 20/10/2007

Informa: Registro General de Universidades. BOE 20-06-07

 AXUDAS AO ESTUDO DE CARÁCTER ESPECIAL DENOMINADAS BECA-COLABORACIÓN PARA O CURSO ACADÉMICO 2007-2008 

Convoca: Ministerio de Educación e Ciencia

Prazo: ata o 29 de setembro de 2007

Informa: BOE 28/09/2007. www.mec.es/becas

Axudas á investigación da Fundación Mapfre

Convoca: Fundación Mapfre

Prazo: ata o 15 de outubro de 2007

Informa Funcación Mapfre, ayudas a la investigación 2007, Monte del Pilar s/n, 28023 El Plantío (Madrid)/www.mapfre.com/fundacion/es/salud.shtml

Axudas e subvencións para a contratación de axentes de emprego

Convoca: Consellería de Traballo

Prazo: un mes a partir do día seguinte ao da publicación do DOG

Informa: DOG Nº162  de 22 de agosto de 2007

 


 Mulleres que sofren violencia de xénero





Convoca: Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller.

Contido: axudas económicas, individuais e de carácter periódico, de apoio a mulleres que sofren violencia de xénero.

Requisitos: aquelas mulleres que, residindo na Comunidade Autónoma de Galicia e acreditando unha situación de convivencia que as poña en risco de sufrir violencia de xénero, se atopen nunhas condicións económicas que lles impidan afrontar o seu futuro dun xeito autónomo e independente do seu agresor e que dispoñan dalgún dos documentos acreditativos desta situación de violencia adoptado ou emitido no período de doce meses inmediatamente anteriores á data da solicitude sempre que nese momento se producise o cesamento da convivencia.

Prazos: 30 de novembro de 2007.

Informa: DOG do 7 de marzo de 2007. Servizo Galego de Igualdade. Teléfono: 981 545 366 http://www.xunta.es/auto/sgi

 Medidas de protección integral contra a violencia de xénero


Convoca: Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller.

Contido: axuda económica de pagamento único dirixida ás mulleres vítimas de violencia de xénero que, residindo na Comunidade Autónoma de Galicia, acrediten insuficiencia de recursos e unhas especiais dificultades para obter un emprego.

Requisitos: Ser muller, maior de idade ou emancipada. Carecer de rendas que, en cómputo mensual, superen o 75 por cento do salario mínimo interprofesional vixente, excluída a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias. Ter especiais dificultades para obter un emprego, que se acreditará a través do informe do Servizo Público de Emprego. Ter vixentes as medidas de protección establecidas nunha orde de protección, informe do Ministerio Fiscal ou sentenza xudicial

Prazos: 30 de novembro de 2007.



 

 


 

Vivenda

josete — 25-05-2007 GTM 1 @ 12:03

Consulta todas as axudas sobre vivenda na dirección:http://www.xunta.es/auto/igvs/

ANUNCIO URXENTE

Ofrécese salario máis vivenda independente gratuita, en Cangas de Foz, a persoas ou familias a cambio de axudar no coidado dun ancián.  Aqueles interesados poden poñerse en contacto coas oficinas de servizos sociais do concello de Viveiro chamando os seguintes números: 982550421/982562149/649990737

Promoción e Adquisición de Vivendas de Protección Autonómica. 2005-2008

Convoca: Consellería de Vivenda e Solo

Contido: Axudas á promoción e adquisición de vivendas de protección autonómica: 

  • solicitantes con ingresos familiares que non excedan de 2,5 veces o indicador público da renda de efectos múltiples: 2.500 €. 
  • A xente moza con idade non superior a trinta e cinco anos e a maiores con 65 anos ou máis, adquirentes de vivendas de 40 a 45 metros cadrados de superficie útil, e que achegan a totalidade ou a maior parte dos ingresos: 1.500 €.
  • A unidades familiares cun ou dous fillos: 1.000 €.
  • Familias que acrediten estar en posesión do título de familia numerosa expedido polo departamento correspondente da Xunta de Galicia: con tres ou catro fillos: 2.000 €. Con cinco ou máis fillos: 4.000 €.
  • Unidade familiar formada unicamente polo pai ou a nai e os fillos, ou na unidade familiar que haxa persoas con discapacidade nas condicións establecidas na lexislación sobre o imposto sobre a renda das persoas físicas, ou que a unidade familiar teña ao seu cargo a algunha persoa de máis de sesenta e cinco anos ou cando o solicitante teña esa mesma idade, ou que na unidade familiar haxa vítimas de violencia de xénero ou do terrorismo: 2.000 € para cada unha destas circunstancias.
  • Solicitantes con ingresos familiares que non excedan de 1,5 veces o indicador público de renda de efectos múltiples e se atopen en situacións de emerxencia social: o 25 por 100 do prezo total da vivenda que figura na correspondente escritura de compravenda ou adxudicación ou, no caso de promoción individual para uso propio, da suma dos valores da edificación e do solo que constasen na escritura de obra nova. A contía desta subvención terá un límite absoluto de 17.000 €.
  • Xente moza adquirentes, adxudicatarios e promotores individuais para uso propio de vivendas de protección autonómica de réxime especial, de prezo xeral, de prezo concertado e de vivendas usadas con idade non superior a trinta e cinco anos para gastos de subrogación e de constitución de hipoteca e outros gastos de entrada: 600 €.

Informa: DOG do 13 de febreiro de 2005 

Subvencións para o arrendamento e rehabiliatación de vivendas desocupadas

Convoca: Consellería de Vivenda e Solo.

Contido: Convócanse as subvencións que se poderán outorgar para arrendar e para rehabilitar vivendas desocupadas.

Prazo: A entrega de solicitudes será:

-Do 1 de xaneiro ata o 10 de decembro para arrendamento.

-Do 1 de xaneiro ata o 15 de decembro de 2007 para a rehabilitación.

Informa: DOG do 4 de xaneiro de 2007.

BONOS ESTUDANTES

josete — 25-05-2007 GTM 1 @ 11:50

SERVIZO DE BONOS DESCONTO PARA O TRANSPORTE ESTUDIANTIL

O Concello de Viveiro conta cun servizo de bonos desconto para os mozos e mozas da vila que cursen estudos en Santiago, Lugo, A Coruña ou Ferrol.

Documentación necesaria:

-Carné de estudante ou fotocopia da matrícula.

-Volante de empadroamento.

-Recibo do pago do bono a nome do alumno/a.

Requisitos:

-Acreditar a documentación necesaria.

-Apuntarse antes do 20 de cada mes.

Importante:

Os bonos de 10 billetes caducan aos 3 meses.

os bonos de 20 billetes caducan aos 6 meses.

Prezos:                               10 billetes                        20 billetes

Viveiro-Lugo                         46,50€                            93€

Viveiro-A Coruña                  66,3€                             132,6€

Viveiro-Santiago                   67,30€                           134,60€

Viveiro-Ferrol                        63,5€                              127€

 

Nº DE CONTA EN CAIXA GALICIA



2091.0150.31.3110000017

 

PROGRAMA NOITES ALTERNATIVAS

josete — 25-05-2007 GTM 1 @ 10:24

Noites Alternativas, a outra movida de Viveiro 

Dende marzo do 2006 vense poñendo en marcha en Viveiro o programa de lecer nocturno xuvenil “Noites alternativas”. Este programa organizado pola Concellería de Xuventude do concello de Viveiro, que comezou sendo un proxecto piloto con obxectivos como o de proporcionar a xoves con idades comprendidas entre os 12 e os 30 anos unha forma de ocio alternativo propiciando lugares lúdicos e de encontro entre os mozos ou o de fomentar hábitos de vida saudábeis afastados das tan concorridas noites de drogas e alcol, tivo dende a primeira semana unha moi boa acollida entre os máis novos. Este éxito radica, sen dúbida, na  gran variedade de actividades que oferta, xa que, todos aqueles que asistan ás Noites alternativas poden participar nas ligas de baloncesto, fútbol, tenis, practicar spining, patinaxe, esgrima, asistir a talleres de cestería, malabares, maquillaxe, coiro ou adentrarse no mundo da danza e o teatro, entre outras. Os lugares nos que se pode disfrutar desta variada oferta son os pavillóns, as aulas dos claustros de San Francisco, a Casa da Xuventude e a piscina. Dende as oito da tarde ata a unha da mañá, os venres e sábados, os máis novos poden vivir unha fin de semana divertida, diferente, e na que van a atopar o ambiente ideal para coñecer xente con idade e gustos similares. Esta alternativa é ademais moito máis económica que saír de copas, xa que todas as actividades son de balde. 

Dende a oficina municipal de información xuvenil (OMIX), quero animar a todos os xoves a que participen neste programa, a que se esquecezan dos estereotipos e exerzan o seu dereito de decidir, construíndo así, a súa propia diversión. A responsable da OMIX

actividades do 1 ao 16 de xuño

VIVE AS NOITES ALTERNATIVAS NA PRAIA

venres e sábado de 19 a 23 horas (praia de covas)

  • Fútbol praia
  • Volei praia
  • Tenis praia
  • kaiaks

ACTIVIDADES DO MES DE MAIO

NOITES ALTERNATIVAS 2006

VENRES 25

SÁBADO 26

ACTIVIDADES

LUGAR

ACTIVIDADES

LUGAR

20:00-22:00 ESCALADA

PAV. MUNICIPAL

20:00-22:00 GOLF

CAMPO DE FÚTBOL

21:00-23:00 PASEO NO IATE GAROA

PORTO DEPORTIVO

22:00-24:00QUADS 

CAMPO DE FÚTBOL

 21:00-24:00PATINAXE

PAV. ANTONIO TARRÍO

22:00-24:00 TIRO CON ARCO

CAMPO DE FÚTBOL